A expresión da negación depende de que queiramos negar, pero en xeral utilizarémos as partículas la: لا, lam لم ou ma: ما
A negación do suxeito indeterminado nunha cláusula atributiva-existencial exprésase antepoñendo la: e poñéndoo en caso acusativo
| (58) | la: | rajul-a | fi | l-bayt-i |
|---|---|---|---|---|
| NEG | home-ACUS | en | DEF-casa-XEN | |
| "Non hai ningún home en casa" | ||||
Nos demais casos, as cláusulas atributivas néganse mediante ma: ou co pseudoverbo laysa "non ser"
| (59a) | ma: | 'anta | kari:m-u-n |
|---|---|---|---|
| NEG | ti(MASC) | xeneroso-NOM-INDEF | |
| "Non es xeneroso" | |||
| (59b) | las-ta | kari:m-a-n |
| non ser(PERF)-2sgMasc | xeneroso-ACUS-INDEF | |
| "Non es xeneroso" | ||
A negación do predicado verbal faise mediante la: ou laysa se o sentido é de presente, prohibición ou desexo e mediante ma: nos demais casos
| (60a) | la: | ta-ktub |
|---|---|---|
| NEG | 2sgMasc-escribir(IUS) | |
| "Non escribas" | ||
| (60b) | ma: | fa‘al-tu-hu |
|---|---|---|
| NEG | facer(PERF)-1sg-3sgMascObx | |
| "Non o fixen" | ||
Como resposta ás interrogativas totais, utilizaremos la: para negar e na'am ou i: para responder afirmativamente
| (60) | -hal | 'anta | ta:lib-u-n | -- la:, | 'ana | 'usta:ð-u-n | -na'am, | 'ana | ta:lib-u-n | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| INT | ti(MASC) | estudante-NOM-INDEF | - Non, | eu | profesor-NOM-MASC | - Si, | eu | estudante-NOM-INDEF | |||
| - "Es estudante?" | - "Non, son profesor" | - "Si, son estudante" | |||||||||
Categoría: Negación