Aspecto
A flexión do verbo árabe distingue o aspecto perfectivo do imperfectivo, que se diferencian tanto polos infixos vocálicos coma polos prefixos e sufixos de concordancia co suxeito. As formas de indicativo correspondentes á raíz triconsonántica K-T-B "escribir" son as seguintes:
| Perfectivo | Imperfectivo | ||
| 1sg | katab-tu | 'a-ktub-u | |
| 1pl | katab-naa | na-ktub-u | |
| 2sg masc | katab-ta | ta-ktub-u | |
| 2sg fem | katab-ti | ta-ktub-i:na | |
| 2dual | katab-tuma: | ta-ktub-a:ni | |
| 2pl masc | katab-tum | ta-ktub-u:na | |
| 2pl fem | katab-tunna | ta-ktub-na | |
| 3sg masc | katab-a | ya-ktub-u | |
| 3sg fem | katab-at | ta-ktub-u | |
| 3du masc | katab-a: | ya-ktub-a:ni | |
| 3du fem | katab-ata: | ta-ktub-a:ni | |
| 3pl masc | katab-u: | ya-ktub-u:na | |
| 3pl fem | katab-na | ya-ktub-na |
O verbo árabe non expresa directamente significados de tempo, estes dedúcense do aspecto. En xeral, o perfectivo úsase para accións pasadas e acabadas e o imperfectivo para accións presentes ou pasadas pero non rematadas.
| katab-a | risa:lat-a-n | |
| escribir(PERF)-3 sgMASC | carta-ACUS-INDEF | |
| = "Escribiu unha carta" | ||
| ya-ktub-u | risa:lat-a-n | |
| 3sgMASC-escribir(IMPERF) | carta-ACUS-INDEF | |
| "Escribe / escribía unha carta" | ||
Non obstante, o perfectivo úsase tamén para expresar accións non pasadas como na expresión desiderativa do exemplo seguinte:
| ba:rak-a | alla:h-u | fi:-ka | |
| bendecir(PERF) | deus-NOM | en-2 SG | |
| "Que Deus te bendiga" (= "Grazas") | |||
Ademais das diferenzas aspectuais expresadas na flexión verbal, existe tamén a posibilidade de utilizar verbos auxiliares con diferentes propósitos. Por exemplo, a forma perfectiva ka:na ("ser/estar") pode construírse cun verbo para indicar explicitamente que a acción se desenvolve no pasado, unha función similar á que o mesmo verbo desenvolve en cláusulas atributivas. Combinado cun verbo en aspecto imperfectivo o resultado é un pasado imperfectivo, normalmente con sentido iterativo ou habitual.
| ka:na | xamma:r-u-n | yu-sa:fir-u | bi- xamr-i-n | la- hu; | |
| ser(3SGMASC+PERF) | viñateiro-NOM-INDEF | 3SgMasc-viaxar-(IMPERF) | con-viño-XEN-INDEF | a- 3 SG | |
| "Un viñateiro viaxaba co seu viño" | |||||
En cambio, combinado cun verbo en aspecto perfectivo, o sentido resultante é equivalente ao do pluscuamperfecto: ka:na kataba = "escribira"
Modo
En aspecto imperfectivo, existen tres modos: indicativo, subxuntivo e iusivo, que se distinguen fundamentalmente pola vogal final do tema. As formas de 3ª persoa singular masculino da raíz K-T-B "escribir" sonb:
| INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IUSIVO |
| ya-KTuB-u | ya-KTuB-a | ya-KTuB |
O modo iusivo(chamado tamén apocopado) carece de contido sintáctico-semántico uniforme, pero é o que se usa tras certas negacións e en estruturas condicionais.
O modo subxuntivo é requirido na subordinación con marcadores como 'an "que" e outros.
O indicativo é o modo non marcado, o que se utiliza cando non hai razóns para utilizar algún dos outros.
Imperativo
Os verbos teñen tamén formas imperativas de segunda persoa, que parten das formas de aspecto imperfectivo:
| ('u)ktub | "escribe" | |
|---|---|---|
| ('i)drib | "golpea" | |
| ('i)ftah | "abre" |
Categorías: Tempo, Aspecto, Modo, Imperativo