Orde de constituíntes na cláusula
A orde de constituíntes nas cláusulas árabes non é fixa, pero en árabe literario a orde máis común se o predicado é un verbo é VSO. Os adxuntos adoitan aparecer despois do obxecto.
(1) | زار زايد عمرة | ||
za:r-a | Zayd-un | ‘Amr-an | |
visitar(PERF)-3Sg | Zaide-NOM | Amra-ACUS | |
= "Zaide visitou a Amra" |
Os dialectos falados do árabe moderno adoitan utilizar máis ben a orde SVO.
Orde de constituintes nas frases
Nos grupos nominais, o núcleo (o nome principal) vai en posición inicial seguido dos modificadores, sexan estes adxectivos, nomes en xenitivo, frase preposicional ou cláusula relativa.
Diante do nome podemos atopar preposicións e, en certas circunstancias, demostrativos e numerais.