1. Expresión de participantes en cláusulas transitivas e intransitivas
En árabe é posible recoñecer formalmente as funcións sintácticas Suxeito (en cláusulas transitivas e intransitivas) e Obxecto (en cláusulas transitivas). As funcións suxeito e obxecto exprésanse basicamente mediante os casos nominativo e acusativo, respectivamente. O verbo concorda co suxeito en persoa, xénero e, ás veces, en número. A orde de constituíntes non marcada é VSO en árabe clásico.
Nos dialectos árabes falados perdéronse os sufixos de caso, polo que as relacións sintácticas se expresan máis ben mediante a orde de palabras e a concordancia. En canto ao árabe escrito, debe terse en conta que ao non se escribir habitualmente os diacríticos das vogais, o peso dos morfemas de caso é moi limitado.
Orde de constituíntes
A orde de constituíntes nas cláusulas árabes non é fixa, pero en árabe literario a orde máis común se o predicado é un verbo é VSO. Os adxuntos adoitan aparecer despois do obxecto.
| (1) | |||
| za:r-a | Zayd-un | ‘Amr-an | |
|---|---|---|---|
| visitar(PERF)-3Sg | Zaide-NOM | Amra-ACUS | |
| = "Zaide visitou a Amra" | |||
Os dialectos falados do árabe moderno adoitan utilizar máis ben a orde SVO.
SUXEITO
Coa orde non marcada VSO, o suxeito nominal aparece en caso nominativo inmediatamente detrás do verbo concordando con el en xénero, pero non en número
| قدم الولد | ||
| (2a) | qadim-a | l-walad-u |
|---|---|---|
| chegar-MASC(3Sg) | DEF-neno-NOM | |
| = "O neno chegou" | ||
| (2b) | qadim-a | ’awla:d-i: |
|---|---|---|
| chegar-MASC(3Sg) | fillos-meus | |
| = "Os nenos chegaron" | ||
| (2c) | qa:lat-i | l-mu‘allim-a:t-u | ða:lik-a |
|---|---|---|---|
| dicir(PERF)-FEM(3Sg) | DEF-mestra-FEM-NOM | iso-ACUS | |
| = "As mestras dixeron iso" | |||
Non obstante , se o suxeito é un pronome, sitúase en posición inicial, co que a orde se converte en SVO. Neste caso, o verbo concorda co suxeito en persoa, xénero e tamén en número
| (3) | huwa | za:ra | ‘Amran |
|---|---|---|---|
| El | visitou(PERF:3Sg:Masc) | Amra-ACUS | |
| = "El visitou a Amra" | |||
Do mesmo xeito, o verbo concorda con calquera suxeito en número, persoa e xénero se o suxeito precede ao verbo ou se non se expresa por ser mencionado anteriormente no texto:
| (4a) | 'awla:d-i: | qadim-u: |
|---|---|---|
| fillos-meus | chegar.PERF-3PlMasc | |
| "Os meus fillos chegaron" | ||
| (4b) | walad-i: | qadim-a |
|---|---|---|
| fillo-meu | chegar.PERF-3PlMasc | |
| "O meu fillo chegou" | ||
| (2c) | qa:lat-na | ða:lik-a |
|---|---|---|
| dicir(PERF)-3PlFem | iso-ACUS | |
| = "Dixeron (elas) iso" | ||
OBXECTO
O obxecto directo realízase en caso acusativo e posposto ao verbo e ao suxeito nominal
| (5) | كَتَبَ رِسَالَةً | |
| katab-a | risa:lat-a-n | |
|---|---|---|
| escribir(PERF)-3SgMsc | carta-ACUS-INDF | |
| "Escribiu unha carta" | ||
O obxecto pronominal preséntase como un sufixo persoal engadido ao verbo:
| (6) | darab-a-ni: |
|---|---|
| golpear-3SgMasc-1SgObx | |
| “Pegoume” |
Algúns verbos bitransitivos poden ter dobre obxecto:
| (7) | ’a‘ta:-ni | l-kita:b-a |
|---|---|---|
| deu-1SgObx | DEF-libro-ACUS | |
| "Deume o libro" | ||
Pero existe a construción alternativa co receptor en forma de frase preposicional:
| (8) | ’a‘ta: | l-kita:b-a | li-i: |
|---|---|---|---|
| deu | DEF-libro-ACUS | para-1 sg | |
| "Deume o libro" | |||
Tamén levan dobre obxecto os causativos de verbos transitivos
| (9) | 'asma-tu-hu | kala:m-a-n |
|---|---|---|
| oír(CAUS)-1SgSux-3SgObx | palabras-ACUS-INDEF | |
| "Fíxeno oír palabras" | ||
2. Constituíntes non centrais: frases preposicionais
As funcións clausais distintas de suxeito e obxecto exprésanse mediante frases preposicionais, formadas mediante preposición e nome en caso xenitivo (exemplo 10) ou ben mediante preposición e sufixo persoal (exemplo 11)
| (10) | ðahab-a | muhammad-un | 'ila: | l-madrasat-i |
|---|---|---|---|---|
| ir(PERF)-3 SG | Mohamed-NOM | a | DEF-escola-XEN | |
| = "Mohamed foi á escola" | ||||
| (11) | katab-u | risa:lat-a-n | ’ilay-ki |
|---|---|---|---|
| escribir(PERF)-1Sg | carta-ACUS-INDEF | para-2SgFem | |
| = "Escribín unha carta para ti" | |||
As funcións circunstanciais tamén poden ser realizadas por adverbios. Ademais dos adverbios propios (por exemplo, 'amsi "onte"), tamén o caso acusativo asume algunhas funcións adverbiais. A forma indefinida do acusativo forma moitos adverbios a partir de nomes (ga:d-an "mañá", sabah-an "pola mañá") e mesmo formas adverbiais derivadas de verbos
| (12) | ga:dartu | l-bayt-a | mashy-a-n |
|---|---|---|---|
| abandonei | DEF-casa-ACUS | camiñar-ACUS-INDEF | |
| "Abandonei a casa camiñando" | |||
3. Cláusulas atributivas
A expresión da atribución realízase en árabe sen verbo, unindo Suxeito e Predicado non verbal.
A predicación atributiva exprésase combinando, como suxeito, unha frase nominal de determinación definida (incluíndo nomes propios e pronomes persoais) en caso nominativo e, como predicado, un nome ou adxectivo de determinación indefinida tamén en caso nominativo, concordando en xénero e número co suxeito.
| (13) | 'al- 'umm-u | qaliq-at-u-n |
|---|---|---|
| DEF-nai-NOM | preocupada-FEM-NOM-INDEF | |
| = "A nai está preocupada" | ||
| (14) | Muhammad-un | kari:m-u-n |
|---|---|---|
| Mohamed-NOM | xeneroso-NOM-INDEF | |
| = "Mohamed é xeneroso" | ||
Na localización e outras relacións circunstanciais o Predicado non verbal é unha frase preposicional ou un adverbio
| (15) | 'ar-rajul-u | fi l-bayt-i |
|---|---|---|
| DEF-home-NOM | en DEF-casa-XEN | |
| = "O home está na casa" | ||
| (16) | (’a)s-salam-u | ’alay-kum |
|---|---|---|
| DEF-paz-NOM | sobre-2 PL | |
| = "A paz sexa convosco" | ||
Se a frase nominal é indefinida posponse á frase preposicional, adquirindo sentido existencial
| (17) | fi l-bayt-i | rajul-u-n |
|---|---|---|
| en DEF-casa-XEN | home-NOM-INDEF | |
| = "Hai un home na casa" | ||
Unha construción similar formada por Frase Preposicional + Frase Nominal é a que se utiliza para expresar predicacións relacionais de posesión
| (18) | la-ka | kita:b-u-n |
|---|---|---|
| para-2SG.MASC | libro-NOM-INDEF | |
| = "Tes un libro" | ||
| (19) | bi-hi | marad-u-n |
|---|---|---|
| en-3 SG | enfermidade-NOM-INDEF | |
| = "Ten unha enfermidade" | ||
Ao carecer de verbo, a predicación atributiva non expresa nin tempo nin aspecto, polo que pode situarse en calquera segmento temporal, aínda que habitualmente debamos traducilas por un presente. Para indicar explicitamente tempo pasado utilízase o verbo ka:na "ser/estar", que se constrúe co atributo en acusativo, coma se fose o seu obxecto directo:
| (20) | ka:na | muhammad-un | kari:m-a-n |
|---|---|---|---|
| ser(PERF) | Mohamed-NOM | xeneroso-ACUS-INDEF | |
| = "Mohamed era xeneroso" | |||