Pronomes persoais independentes
Os pronomes distinguen, ademais de persoa e número, tamén xénero (masculino e feminino), agás para o dual e para a primeira persoa.
| singular | dual | plural | ||
|---|---|---|---|---|
| 1ª | ’ana: أَنَا | nahnu نَحْنُ | ||
| 2ª | masc | ’anta أَنْتَ | 'antumma: أَنْتُمَا | 'antum أَنْتُم |
| fem | ’anti أَنْتِ | ’antunna أَنْتُنَّ | ||
| 3ª | masc | huwa هُوَ | huma: هُمَا | hum هُمْ |
| fem | hiya هِيَ | hunna هُنَّ | ||
Pronomes sufixados
Ademais das formas persoais independentes, que funcionan como suxeito, existen tamén formas sufixadas, que se engaden aos verbos como obxecto directo, ás preposicións como complemento, e aos nomes como sufixo posesivo
Táboa de sufixos persoais:
| singular | dual | plural | ||
| 1ª | -ni: نيِ / -i: يِِ | -na: نَا | ||
| 2ª | masc | -ka كَ | -kuma: كُمَا | -kum كُمْ |
| fem | -ki كِ | -kunna كُنَّ | ||
| 3ª | masc | -hu هُ | -huma: هُمَا | -hum هُمْ |
| fem | -ha: هَا | -hunna هُنَّ | ||
Os sufixos persoais únense a nomes (indicando posesión), verbos (sinalando o obxecto directo) e preposicións (como complemento da preposición).
| kalb-i: | "o meu can" | |
|---|---|---|
| daraba-ni: | "golpeoume" | |
| bi-hinna | "con elas" |
[Os pronomes de terceira persoa cambian o /u/ en /i/ se a palabra á que se sufixan remata en /i/]
Posesivos
A posesión pronominal exprésase mediante a serie de pronomes sufixados ou sufixos persoais que se engaden á raíz nominal. O sufixo posesivo é incompatible co artigo. Exemplos:
| baytu-hu | = | A súa casa (del) | |
|---|---|---|---|
| baytu-ha: | = | A súa casa (dela) | |
| bayt-i: | = | A miña casa | |
| baytu-ki | = | A túa casa (fem.) |
Os nomes posuídos son gramaticalmente definidos, polo que os adxectivos que os modifiquen deben ser definidos.
| kalb-u-hu | l-kabi:r-u | |
|---|---|---|
| can-NOM-3SG | DEF-grande-NOM | |
| "o seu can grande" | ||