En guaraní os procesos que alteran a diátese verbal márcanse con afixos, que modifican a valencia verbal, o número de participantes: ou ben diminúen, ou ben aumentan.

AUMENTO DE VALENCIA. TRANSITIVIZACIÓN

CAUSATIVIDADE

As estructuras causativas son aquelas nas que se expresa o causante da acción. No guaraní non existen perífrases causativas similares a 'facer + infinitivo', e ese significado sempre está expresada morfolóxicamente, mediante prefixos ou sufixos causativos:

  • kañy 'desaparecer' > -mo-kañy 'facer desaparecer'
  • juka 'matar' > -juka-uka 'facer matar'

Causativas de verbos intransitivos

Con verbos intransitivos utilízase o afixo mbo-/-mo, prefixado á raíz verbal (mo é o alomorfo nasal, mentras que mbo é o non nasal). O "causado", isto é, o suxeito de verbo non causativo, aparece na construción causativa cuna postposición locativa (-ve, -pe/-me). Exemplo:

Chetaitao-mo-ngaruché-ve
Meuavó3sg-caus.-comermin-a
“Meu avó faime comer”

Causativas de verbos transitivos

Con verbos transitivos utilízase o sufixo '–uka':

Poehanohárao-jogua-ukaso’õMaria-pe
Médico3SG-mercar-CAUScarneMaría-a
“O médico faille mercar carne a María”

Dobre causatividade

Pódense dar casos de dobre causatividade, coa utilización dos dous afixos: mbo-/-mo e '-uka'. Primeiro engádese mbo/bo (afixo dos intransitivos), obtendo como resultado un V transitivo; despois, incorpórase o sufixo -uka. Exemplos:

Chetaitao-mo-kiriri-ukachesy-pei-ruróga-pe
Meuavó3sg-CAUS-calar-CAUSmiñanai-aseu-paipai-en
“Meu avó fai que alguén faga calar a miña nai na casa de seu pai”

(Avó é un causante indirecto, o inductor. Hai un mediador que executa a acción [alguén]).

AFECTACIÓN DO OBXECTO. A CONSTRUCCIÓN APLICATIVA

A "voz obxectiva" ou a construcción aplicativa emprégase para marcar a implicación e afectación dun participante adicional como Obxecto; é dicir, nestas estructuras o Obxecto provoca a acción do V , pero tamén vese afectado por ela (está implicado). Disto derívase que será o Suxeito o que perda certa autonomía na axentividade. Noutras palabras, o Obxecto orixina a acción do V, executada polo Axente e, ao mesmo tempo, queda afectado. As construcións aplicativas fanse engadindo os sufixos ro-/-guero:

A-ro-purahéiichú-pe
1sg-APLIC-cantarel-a
“Eu cántolle, enxálzoo cantando”
A-guero-chichi
1sg-APLIC-mimar
“Eu agasálloo, acaríñoo”

DIMINUCIÓN DE VALENCIA. INTRANSITIVIZACIÓN

REFLEXIVIDADE e ANTICAUSATIVIDADE

Para marcar as formas verbais reflexivas e anticausativas existe o prefixo je-/-ñe, que tamén pode indicar voz pasiva dependendo do contexto (véxase "Pasividade"). Exemplos:

Chemembyo-ñe-monde
Meufillo3sg-ref/pas-vestir
“Meu fillo vístese / é vestido”

CONSTRUCCIÓNS RECÍPROCAS

As construcións recíprocas realízanse co afixo jo-/-ño:

Ñandeja-jo-hayhu
Nós1pl-rec.-amar
“Nos amámonos”

PASIVIDADE

Cos verbos transitivos, que requiren dous argumentos Axente (A) e Paciente (P), utilízase a pasiva cando non se quere dicir o non se sabe quen é o Axente (A). A pasiva supón o cambio de posición do Paciente (que pasa a ocupa o lugar estrutural que antes ocupaba A) e a perda do Axente, que non se expresa. Para formar a pasiva engádeselle ao verbo o morfema je-/-ñe (o mesmo que na Reflexividade, véxase ese apartado anterior). Exemplos:

Voz activa:

Jaguao-muñakururukokue-pe
Can3sg-perseguirsapocampo-en
“O can persegue o sapo no campo”

Voz pasiva:

Kururuo-ñe-muñakokué-pe
Sapo3sg-PASIVA-perseguircampo-en
“O sapo é perseguido no campo”

Estructuras pasivas impersoais

En guaraní tamén poden pasivizarse verbos intransitivos, que requiren só un único argumento. Neste caso na pasiva non aparece explícito ningún argumento :

O-ñe-ñaniporãkokué-pe
3sg-pas-correrbencampo-en
“Córrese ben por este campo”

Dobre pasivización

Con algúns verbos pódense dar casos de dobre pasivización cando se forma unha pasiva sobre outra oración xa pasivizada:

O-ñe-ñe-mondeo-je-ho-haguajerokyhá-pe
3sg-pas-pas-vestir3sg-pas-ir-parabaile-en
Un vístese para ir ó baile

ESTRUCTURAS ANTIPASIVAS

Cos verbos transitivos, que requiren dous argumentos A e P, utilízase a contrución antipasiva cando non se quere dicir ou non se sabe quen é o Paciente (P). En Guaraní as construción antipasivas permiten un único argumento explícito (A). O verbo toma un afixo antipasivo, que cambia segundo sexan as características de Paciente implícito: emprégase o afixo mba’e con verbos cuxo obxecto é [+animado, –humano] e poro, con verbos cuxo obxecto é [+animado, +humano]. Podemos traducir a antipasiva como V + algo/alguén. Exemplos:

Pohãnoo-poro-pohãnon-o-mano-ihaguã
Médico3sg-ANTIPAS-curarneg-3sg-morrer-negpara
“O médico cura a alguén para que non morra”
Ndemembyo-mba’e-juka-kurind-o-su’ú-imitã-mehaguã
Teufillo3sg-ANTIPAS-matar-pasadoneg.-3sg-trabar-negneno-apara
“Teu fillo matou algo para que non lle trabase”

INCORPORACIÓN DO OBXECTO

Véxase Incorporación léxica? en "Morfoloxía"

Un verbo transitivo pode incorporar P incluso se é un sintagma nominal cunha estrutura maior que o núcleo:

Ko’õhesa
Irritarollo
o-hesa-ko’õ
3SG-ollo-irritar
“molesta ós ollos, ofende”
Chepo
1SG(POS)man
“A miña man”
|a-che po-hei
1SGact-1SG(pos) man-lavar
“Lavo a miña man”

TOPICALIDADE E FOCALIZACIÓN

Segundo Maura Velázquez-Castillo a topicalización márcase en guaraní coa postposición. Os obxectos altamente topicalizados precisan que se manteña a referencia a eles ao longo dunha ampla distancia no discurso, por isto soen ir postpostos. Pola contra, os obxectos non topicalizados atópanse prepostos.

As diferencias marcadas pola topicalización corresponden a motivacións funcionais, i.e., a preposición do obxecto indica que este ten unha baixa continuidade e persistencia no discurso e, neste sentido, os obxectos deste tipo compórtanse dun xeito moi parecido aos nomes incorporados. De aquí derívase que a incorporación constitúe outro método de desfocalización, ademáis de servir para crear novos conceptos unitarios ou elevar un participante á posición de foco.

Outro proceso relacionado coa topicalización é a "Ascensión do Posuídor" relacionada, á súa vez, coa inalienabilidade e a incorporación. As relacións posuídor/posuído equipáranse en guaraní coa oposición semántica entre posesión alienable vs. inalienable. Este tipo de oposición caracterízase pola subxectividade coa que se marcan as diferencias (cada lingua ten a súa propia división da posesión) e pola gradualidade (non existe unha liña que separe perfectamente as posesións alienables das inalienables, hai un continuo entre elas). A posesión inalienable relaciónase coas partes do corpo, o parentesco, os atributos persoais e as relacións espaciais e, ademáis, inclúense algunhas entidades posuídas temporalmente como armas, roupa ou símbolos culturais. Nestes últimos casos a posesión significa un cambio no estatus social do posuídor.A posesión inalienable, por ser a máis común, a máis esperada, é a non marcada; sen embargo, a posesión alienable é morfolóxicamente máis complexa: empléanse substantivos relacionais ou construccións predicativas non verbais (con Che).

Tamén atopamos algo parecido á topicalización na explicación que ofrece o Pai Antonio Ruiz de Montoya en Arte de la lengua guaraní. Este xesuíta explica que en guaraní existen as denominadas partículas informativas, encargadas de reforzar o que se afirma ou nega. Son as seguintes: rako, na, nanga, ne, ni; nako, niã, niko, nuku, nukúi, nuguĩ, neguĩ (demostrativas = na / ni + pron). Dependendo do tipo de oración (principal ou subordinada)e das funcións, as partículas colocaranse de xeito distinto. Polo tanto, cando se engaden estas partículas márcase dalgunha maneira o elemento da oración que queremos destacar. Exemplos:

Ombopo katu rako Señora Santa María ñande sy ypykue rembiapo rãngue (Band.)
'Cumpriu ben María SS. o que tiña que haber feito a nosa primeira nai'

Aiponunga reko ari guijeesa moĩnamo rako, chepy'a noĩnoĩ ñota'uĩ jetei guendápe (Band.)
'Cuando yo pongo los ojos en el porte de esos tales, se me inquieta el corazón'.

Referencias adicionais

  • Velazquez-Castillo, Maura. 2001. Guarani causative constructions. In The grammar of causation and interpersonal manipulation, ed. Masayoshi Shibatani, 507-534. Amsterdam: John Benjamins.