Interrogación oracional

En guaraní pode indicarse que unha estructura é interrogativa a través de varios procedementos:

  • Afixación
  • Recursos oracionais

Estas dúas técnicas poden aparecer conxuntamente.

Tamén é preciso sinalar que a entoación non se utiliza para marcar a interrogación. O signo de interrogación non se emprega habitualmente, unicamente cando se desexa focalizar a pregunta.

Afixación

A interrogación pode marcarse engadindo sufixos interrogativos ao primeiro elemento da oración. As opcións son as seguintes:

  • -pa: sufixo interrogativo unido ao primeiro compoñente da oración.
  • piko: partícula interrogativa independente, pero situada inmediatamente posterior ao primeiro elemento. Ademáis do significado de negación, engade o de exclamación.

Recursos oracionais

O outro xeito de marca a interrogación é mediante a adición de pronomes interrogativos como os seguintes:

  • moõ "onde"
  • mba'e "que"
  • araka'e "cando"

Exemplos:

Araka'eo-ú-tanderu
Cando3SG-vir-FUTteupai

"Cando virá teu pai?"

Araka'e-pao-ú-tanderu
Cando-INT3SG-vir-FUTteupai

"Cando virá teu pai?"

Araka'epikoo-ú-tanderu
CandoINT3SG-vir-FUTteupai

"Cando virá teu pai?"