Modificación adxectiva (ou cualificativa)

Os adxectivos sempre aparecen pospostos en guaraní.

Exemplo:
Jagua porã
Can bonito
“O can bonito”

Nalgúns casos a forma dos adxectivos pode variar. Exemplo: mitã hory "neno alegre" (engade un /h/).

Modificación nominal (ou posesiva)

Véxanse os tipos de raíces nominais no Nome.

A forma constructiva (suprime a última sílaba e engade un r- inicial) das raíces biformes utilízase cando o nome aparece nun sintagma que indica posesión (coa de terceira persoa emprégase a forma absoluta).

jagua r-embi’u

Can comida

“A comida do can”

Xustaposicións

Mediante a xustaposición de dous nomes tamén se pode indicar posesión de pertenencia (inalienable). A estructura equivalente en español sería SN + de + SN: o can do neno.

A orde dos compoñentes é a seguinte: N posuídor / total + N cousa posuída / parte.

Exemplos:

  • Mitã jagua
Neno can
“O can do neno”

Ademáis dos modificadores, poden acompañar ao núcleo posuídores, pero en posición anteposta. Polo tanto a ordenación sería a seguinte: DET / POSUÍDOR / DEM + NUC + MOD (adx.)

Exemplos:

  • chipa so’o
chipa carne
“chipá de carne”
  • Óga-gui
Casa de
“De casa”
  • Pe mitã
Ese neno
“Ese neno”