Como é habitual en moitas linguas, algunhas marcas temporais do guaraní incorporan tamén significados modais relacionados coa veracidade do enunciado.

TEMPO

O sistema temporal do guaraní é de tipo gradual, xa que depende da noción de "proximidade" que modifica os tempos básicos pasado e futuro. A proximidade, sempre con respecto ao momento da enunciación, descomponse en 3 niveis:

  • Próximo
  • Non afastado
  • Remoto

Os procedementos para expresar o tempo soen ser de tipo morfolóxico: sufixos temporais.

Presente

O presente é o tempo non marcado, carece de marcas morfolóxicas que o caractericen. Unicamente incorpora as marcas de concordancia de número e persoa. Exemplo:

Peruo-haipeteĩkuatiañe'e
Pedro3sg-escribirunhacarta
"Pedro escribe unha carta"

Pasado

O tempo pasado artículase en torno ao concepto de "proximidade", ademáis de engadir significados modalizadores nalgúns casos e incluso aspectuais. A estructuración do pasado quedaría como segue:

Tempo"Proximidade"Valor modalMatiz aspectualSufixo
pasadopróximo: moi recenteØØ-kuri
pasadopróximo: subxectivamente recenteØhabitual "solía"-mi
pasadonon afastadocerteza débilacción realizada e acabada-akue
pasadonon afastadonarrativo ou delegatorio (non compromete ao falante)1Ø-ra'e
pasadoremotoverdade (o falante comprométese)Ø-va'ekue
pasadoremotonarrativo ou delegatorioØ-raka'e2

_______

1O pasado indefinido (non afastado) tamén pode expresar outros significados:

  • Dúbida: engadindo o morfema -ndaje' ou 'niko-. Exemplo:
O-ú-ndaje-ra'e
3sg-vir-dubida-pas.
"Din que viu"
  • Certeza: co morfema -nipo-. Exemplo:
O-ú-nipo-ra'e
3sg-vir-verdade-pas.
"Verdadeiramente viu"

_______

2 Se se especifica cándo tivo lugar o evento, a marca temporal desaparece. Exemplo:

Cristóbal Colóno-juhu-raka'eAmérica
Cristóbal Colón3sg-descubrir-pas.América

"Cristóbal Colón descubriu América"

Año 1492pe,Cristóbal Colóno-juhuAmérica
Ano 1492en,Cristóbal Colón3sg-descubrirAmérica

"No ano 1492 Cristóbal Colón descubriu América"

_______

Futuro

O tempo futuro tamén se estructura dependendo da "proximidade", pero neste caso a idea de modalidade é máis evidente. Esta modalidade relaciónase cos modos de coñecemento ou crenzas (epistémica) e tamén coas obrigas ou necesidades (deóntica).

Os sufixos que indican futuro organízanse do seguinte xeito:

Tempo"Proximidade"Valor modalMatiz aspectualSufixo
futuromoi próximo, inmediatocerteza de realizaciónØ-pota/mbota
futuromoi próximo, non inminentecerteza de realizaciónØ-ta
futuro+/- afastado, non inminentesen certeza de realización, non hai compromisoØ-ne
futuroafastadotoda certeza de realización e necesidadeØ-'arã
futuroafastadoobrigatoriedadeØ-va'erã

Polo visto no cadro, parece que a diferencia modal entre certeza e non certeza de realización da acción é máis relevante que o tempo (próximo / non próximo ou afastado).

Combinacións de sufixos

No guaraní é posible a combinación de diferentes sufixos temporais para formar novos tempos. Exemplo:

  • futuro + pasado = "futuro perfecto"
ne + ra'e = ne-ra'e
Kosemanao-u va-erãPeruo-japo-ma-ne-ra'eh-embiapo
Estasemana3sg-irREL-FUTPedro3sg-facer-PERF-FUT-PASseu- traballo

"A semana que vén Pedro terá feito o seu traballo"

Outro procedemento para expresar o tempo

O valor temporal tamén pode indicarse substituíndo os sufixos temporais por adverbios temporais. Esta estratexia conleva unha simplificación do sistema verbal do guaraní e débese á influencia do español. Exemplos:

  • o-ú kuehe
3sg-vir onte
"Viu onte"
  • o-ú ko'ẽramo
3sg-vir mañá
"Virá mañá"

ASPECTO

O guaraní presenta dúas marcas de aspecto:

  • Progresivo: -ína
  • Iterativo ou frecuentativo: -ikoní

Ademáis destas marcas, o verbo incorpora marcas de concordancia de número e persoa como sufixos que, en realidade, son duplicacións das marcas de suxeito prefixadas. Son as seguintes:

Aspecto progresivo

PersoaSingularPlural
1ª excluínte-a-ínaro-ína
1ª incluínteØ-a/ja-ína
-re-ínape-ína
-h-ínah-ína/h-ikuái

Aspecto frecuentativo ou iterativo:

PersoaSingularPlural
1ª excluínte-a-ikoniro-ikoni
1ª incluínteØña/ja-ikoni
-re-ikonipe-ikoni
-h-ikonih-ikoni

No uso diario da lingua permítese a simplificación deste sistema empregando como forma única a de 3ª persoa.

Outros sufixos aspectuais

Existen outros sufixos aspectuais sen marca de concordancia. Algúns autores inclúenos entre os modos verbais ou considéranos adverbios modais:

  • -va: indica que a acción se realiza habitualmente.
  • -pa/mba: expresa perfectividade. Funciona con verbos en pasado ou futuro. Normalmente vai acompañada doutra marca perfectiva, -ma.
  • -jevy, -mante, - manterei: son marcas iterativas. Tradúcense. Respectivamente, por “de novo, outra vez”, “con frecuencia” e “moi frecuentemente”.