Consoantes

 LabiaisApicaisPredorsaisPalataisVelaresGlotais
Simples/p//t//s//ʨ//k/ 
Aspiradas/ph//th/ h//kh//h/
Tensas/p`//t`//s`//ʨ`//k`/ 
Nasais/m//n/  /ŋ/ 
Líquidas /l/    

En coreano todas os tres tipos de consoantes obstruíntes son xordas, mentres que as nasais e as líquidas son sonoras.

Vogais

 AnterioresPosteriores
 Non redondeadasRedondeadasNon redondeadasRedondeadas
Pechadas/i//wi/ =[ü]/ǔ/ =[ʉ]/u/
Medias/e//oe/ =[ö]/ǒ/ =[ʌ]/o/
Abertas/ae/ /a/ 

As vogais /ae/, /wi/ e /oe/ eran antigamente ditongos, e así aparecen na escritura, pero no fala actual son fonemas vocálicos simples.

Estrutura silábica

(C) V (C)

As sílabas constan obrigatoriamente dunha vogal ou un ditongo como núcleo , precedido e seguido opcionalmente dunha consoante.

En posición inicial pode aparecer calquera fonema consonántico, agás /ŋ/. O carácter correspondente a éste (ㅇ) utilízase obrigatoriamente na escritura das sílabas que comenzan por vogal.

En posición final de sílaba poden aparecer dúas consoantes na escritura, pero na lingua falada nunca se pronuncia máis dunha consoante en posición final de sílaba


Categorías: Fonoloxia