Exceptuando he, os determinantes en māori, que aparecen obrigatoriamente con nomes comúns, indican o número do nome, a maioría das veces mediante a alternacia de t- para o singular e Ø- para o plural.

Artigos

te / ngā 'definido, specífico' A forma de singular pode usarse como xenérico.
Exemplo:

Hemanutekiwi
INDEFpaxaroDEF.SGkiwi
'Os kiwis son paxaros' 'O kiwi é un paxaro'

he 'non específico, indefinido' Este determinante ten unha distribución moi limitada. Non se pode usar seguindo unha preposición, normalmente os obxectos directos non específicos van incorporados na frase verbal e as frases nominais con determinate he non poden ser suxeitos. Para o uso predicativo das frases nominais con he ver aquí.

tētahi / ētahi 'específico, indefinido, algún / alguns' Moitas veces pode substituír o determinante he naqueles casos en que he non pode aparecer.

Cadro comparativo dos artigos:

SINGULARPLURALESPECÍFICODEFINIDO
he --
tengā++
tētahiētahi+-

Outros artigos son:

taua / aua 'anafórico, o devandito' Utilízase para indicar que fai referencia a algo mencionado anteriormente. En correlación coa particula posposta anō, tradúcese como 'o mesmo', exemplo i taua wā anō 'ao mesmo tempo'.

A partícula a que é usada a xeito de determinante con pronomes, nomes persoais e nomes de lugar, é denominada habitualmente 'artigo persoal'. Ten unha distribución diferente segundo o tipo de nome e a preposición que anteceda a frase nominal, neste cadro podemos ver a distribución desta partícula:

 NOMES PERSOAISTOPÓNIMOSPRONOMES
sen preposiciónaaØ
con ki i kei heiØaa
con ko me e rā a o
nā nō mā mō
ØØØ

Demostrativos

PROXIMIDADESINGULARPLURALTRADUCIÓN
1 PERSOAtēneiēneieste/esta - estes/estas
2 PERSOAtēnāēnāese/esa - eses/esas
LONXE DA 1P e 2Ptērāērāaquel/aquela - aqueles/aquelas

Unha frase nominal con demostrativo (DEM + NOM) é equivalente á unha frase nominal con partícula locativa (nei, ou ) de modificador (ART + NOM + LOC).
Exemplo:

Tēneiwhare = Tewharenei
DEM.SGcasa   DEF.SGcasaLOC
'Esta casa'

Cando tēnā / ēnā é repetido adquire a función distributiva.
Exemplo:

Itēnāmarae,itēnāmarae
PREPDEM.SGmaraePREPDEM.SGmarae
'En cada marae'

Posesivos

A fómula para xerar determinantes posesivos é a seguinte t- / Ø- (segundo o posuído sexa singular ou plural respectivamente) + ā / o (segundo sexa alienable ou inalienable) + posuidor. Este patrón é a norma cando o posuidor é un pronome, exemplo: t-ō-ku 'meu / miña', ā rātou 'seus / súas (deles ou delas)'. Este patron tamén e válido cando o posuidor non é un pronome. Hai, igual ca nos demostrativos, unha construción equivalente: artigo + posuído + prep. a / o + posuidor, que é a mais usada cando o posuidor non é un pronome.
Exemplos:

Ø-ō-kuhoa   t-āmāuatamaiti   t-ōHēmi
PL-de-1SGamigo   SG-de2DU.EXCLneno   SG-deHēmi
'Os meus amigos'   'O noso neno'   'O de Hēmi'
ou 'as miñas amigas'   
T-āterangatirakai = Tekaiaterangatira
SG-deDEF.SGxefecomida   DEF.SGcomidaPREPDEF.SGxefe
'A comida do xefe'

Determinacion