Características xerais das estruturas predicativas
O māori, ao contrario de outras linguas polinesias como a lingua de Tokelau que é ergativa, é unha lingua de tipo nominativo-acusativo, existe diferencia formal entre o suxeito e o obxecto das cláusulas transitivas, pero non entre o suxeito das cláusulas intransitivas e o das transitivas. As funcións dos constituíntes da cláusula márcanse pola orde e por partículas.
Estruturas intransitivas: predicado e suxeito
O suxeito vai inmediatamente despois da frase predicativa e non necesita de partículas que indiquen a súa función.
Exemplo:
| I | oma | atu | rātou | |
|---|---|---|---|---|
| PAS.AOR | correr | DIR | 3PL | |
| PRED | SUX | |||
| 'Saíron correndo' (lit. 'correron fóra') | (H, p. 4) | |||
Estruturas transitivas: predicado, suxeito e obxecto
As estruturas transitivas teñen obxectos marcados por preposicións que van despois do predicado e o suxeito. Nas cláusulas transitivas o suxeito non leva marca, igual que nas intransitivas, o obxecto directo márcase coa preposición i e o indirecto coa preposición ki.
Exemplo:
| Kei.te | patu | ia | i | t-ā-na | kurī | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| PRES.PROG | golpear | 3SG | ACUS | SG-de-3SG | can | |
| PRED | SUX | OBX DIR | ||||
| 'Está golpeando o seu can' | (H, p. 4) | |||||
Estruturas con dobre obxecto
As estruturas con dobre obxecto ou bitransitivas son aquelas cláusulas que teñen obxecto directo e indirecto, habitualmente en māori o obxecto directo precede ao indirecto.
Exemplos:
| Kei.te | tuhi | au | i | t-ā-ku | reta | ki | a | ia | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PRES.PROG | escribir | 1SG | ACUS | SG-de-1SG | carta | DAT | DEF | 3SG | |
| PRED | SUX | OBX DIR | OBX IND | ||||||
| 'Estou escribíndolle a miña carta' | (H. p. 27) | ||||||||
| I | whaka-atu | ia | i | Ø-ā-na | pukapuka | ki | Ø-ō-na | hoa | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PAS.AOR | amosar | 3SG | ACUS | PL-de-3SG | libro | DAT | PL-de-3SG | amigo | |
| PRED | SUX | OBX DIR | OBX IND | ||||||
| 'Ela amosoulles os seus libros aos seus amigos' | (H., p. 27) | ||||||||
Circunstanciais e outros complementos periféricos
Os complementos distintos de suxeito e obxecto van precedidos de preposición.
Exemplo:
| I | konei | rāua | i | nanahi |
|---|---|---|---|---|
| PREP | aquí | 3DU | PREP | onte |
| PRED | SUX | CIRC TEMP | ||
| 'Eles dous estiveron aquí onte' | ||||
As principais preposicións son:
i
Ademais de ser a marca de acusativo, e unha partícula de tempo é modo nos predicados, tamén funciona como preposición para introducir complementos de tempo 'en', lugar 'en', causa 'por' e comparativos 'ca'.
ki
As súas funcións, a parte de indicar o obxecto indirecto, son introducir complementos de lugar 'a', tempo 'ata' e instrumentais 'con'.
e
É a preposición do complemento axente da pasiva.
me
Para os complementos de compañía 'con'.
ā
Introduce complementos de tempo de futuro.
A predicación non verbal
A predicación non verbal en māori constrúese con frases nominais e con frases prepositivas. Estas construcións serven para expresar a atibución, a localización e a posesión:
Atribución
Hai tres tipos de predicados atributivos:
O primeiro segue o patrón he(determinante indefinido) + NOME e o súa tradución é 'SUX é (un) NOME'.
Exemplo:
| He | kai-whaka-ako | a | Mere | |
|---|---|---|---|---|
| INDEF | profesora | A.P | Mere | |
| PRED | SUX | |||
| 'Mere é profesora' | (H. p. 23) | |||
O segundo ten coma patrón he + ADX e o seu significado é 'SUX é ADX'.
Exemplo:
| He | reka | ēnei | kai | |
|---|---|---|---|---|
| INDEF | delicioso | DEM.PL | comida | |
| PRED | SUX | |||
| 'Esta comida é deliciosa' | (H., p. 23) | |||
O terceiro tipo de predicado atributivo son as atributivas ecuacionais que se forman cunha frase preposicional, usando a preposición ko.
Exemplo:
| Ko | Rei | t-ō-ku | ingoa | |
|---|---|---|---|---|
| PREP | Rei | SG-de-1SG | nome | |
| PRED | SUX | |||
| 'O meu nome é Rei' | (H., p. 24) | |||
Localización
Os predicados locativos introdúcense coas preposicións i,kei e hei. I para tempo pasado, kei para o presente e futuro e hei para o futuro.
Exemplo:
| I | konei | rāua | i | nanahi | |
|---|---|---|---|---|---|
| PAS | aquí | 3DU | PREP | onte | |
| PRED | SUX | CIRC TEMP | |||
| 'Eles dous estaban aquí onte' | (H., p. 24) | ||||
Posesión
Os predicados non verbais tamén poden expresar a idea de posesión, para facelo úsanse frases preposicionais. Hai dúas posibilidades:
1. Usar as mesmas preposicións que na localización: i, kei e hei máis posuidor.
Exemplo:
| Kei | a | koe | Ø-ā-ku | mati? | |
|---|---|---|---|---|---|
| PREP | A.P | 2SG | PL-de-1SG | misto | |
| PRED | SUX | ||||
| 'Tes ti os meus mistos?' | (H., p. 24) | ||||
2. Formar a frase prepositiva con nō/nā para a posesión acual e con mō/mā para a posesión prospectiva seguidas do posuidor. As preposicións nō/nā e mō/mā tradúcense por 'de' e 'para' respectivamente.
Exemplos:
| Nō | Hēmi | tērā | whare | Mō | rātou | tēnā | waka | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PREP | Hēmi | DEM.SG | casa | PREP | 3PL | DEM.SG | canoa | |||||||
| PRED | SUX | PRED | SUX | |||||||||||
| 'Aquela casa é de Hēmi' | (H., p. 24) | 'Ese coche é para eles' | (H., p. 24) | |||||||||||
