Pasiva

O māori, como outras linguas nominativo-acusativas, ten unha estratexia que permite ao obxecto directo pasar a ser o suxeito da cláusula. Consiste en engadir sufixos ao verbo, os seus modificadores léxicos e particulas de modo e introducir o suxeito da correspondente activa coa preposición e.
Exemplos:

Kei.tekaitekurīiteika > Kei.tekai-ngateikaetekurī
PRES.PROGcomerDEF.SGcanACUSDEF.SGpeixe   PRES.PROGcomer+PASIDEF.SGpeixeAXDEF.SGcan
PREDSUXOBX DIR   PREDSUXCOM AX
'O can está a comer o peixe'   'O peixe está a ser comido polo can'
Emōhio-tiawhānui-tiaanatēnāwaiata
PROGcoñecer+PASIamplo+PASIPROGDEM.SGcanción
PREDSUX
'Esa canción é amplamente coñecida'

O sufixo de pasiva normalmente non se engade ao verbo e os seus modificadores se a partícula de tempo e aspecto é me, e tampouco cos verbos waiho 'deixar', hōmai 'dar' e hoatu 'regalar'.
Exemplo:

Metukumaingātonoite1oĀkuhata
 enviarDIRDEF.PLsolicitudesPREPDEF.SG1deAgosto
'As solicitudes teñen que ser enviadas o 1 de agosto'

A lectura de ngā tono como paciente é a mais normal.

Os nomes poden levar o sufixo da pasiva para crea o significado 'volverse + NOME.
Exemplo:

Ikōhatu-ngiaaPānia
PAS.AORpedra+PASIA.PPānia
PREDSUX
'Pānia converteuse en pedra'

Para os usos da voz pasiva en imperativo ver aquí.

Incorporación

En māori é bastante frecuente a incorporación do obxecto nas frases verbais dos verbos transitivos en voz activa. O obxecto engádese entre o núcleo e as partículas pospostas da frase verbal, sen necesidade de determinates ou preposicións, e serve de modificador do verbo dentro da frase.
Exemplo:

Kei.tehangawharerātourātou
PRES.PROGconstruírcasa3PLPREP3PL
'Eles estanse a construír unha casa'
lit. 'Eles están a construír-casa para eles'(H. p. 12)

Diátese causativa

Para isto tense que modificar o verbo afixándolle o prefixo causativo whaka-, desta maneira o suxeito pasa a ser o obxecto directo e aparece o causante como suxeito.
Exemplo:

Kei.teakorātou > Kei.tewhaka-akoiaiarātou
PRES.PROGaprender3PL   PRES.PROGCAUS+aprender3SGACUSA.P3PL
PREDSUX   PREDSUXOBX DIR
'Eles están aprendendo'   'El estálles a ensinar a eles'

Expresión de funcións informativas

Anteposición do suxeito

A anteposición do suxeito constrúese introducíndoo coa partícula ko.
Exemplo:

EhoroianaaMereingārīhi > KoMereehoroianaingārīhi
PROGlavarPROGA.PMereACUSDEF.PLpratos   PREPMerePROGlavarPROGACUSDEF.PLpratos
PREDSUXOBX DIR   SUXPREDOBX DIR
'Mere está a lavar a louza'   'É Mere quen está a lavar a louza'

Esta estrutura pode ter dúas entonacións diferentes con cadansúa lectura. Se o suxeito anteposto leva a acentuación principal está focalizado e tradúcese igual ca no exemplo, pero se é a frase verbal quen leva a acentuación principal o suxeito é o tema, especialmente se é un tema novo ou contrastivo, e a tradución sería 'Falando de Mere, ela e está a lavar a louza'. Estas dúas posibilidades teñen construcións negativas que as diferencian:
A focalización do suxeito pódese negar ao engadir ehara ao comezo da oración.
Exemplo:

EharakoMereehoroianaingārīhi
NEGPREPMerePROGlavarPROGACUSDEF.PLpratos
'Non é Mere quen está a lavar a louza'

En cambio, para o suxeito anteposto que funciona como tema, engádese kāore antes da frase verbal. Exemplo:

KoMerekāoreehoroianaingārīhi
PREPMereNEGPROGlavarPROGACUSDEF.PLpratos
'Falando de Mere, non está a lavar a louza, (está a facer outra cousa)'

Enfatización do actor

As linguas polinesias orientais teñen unha construción peculiar chamada enfatización do actor. En māori consiste en colocar o axente no iinicio da cláusula marcado con ou segundo sexa pasado ou futuro, un frase verbal coas partículas i para o pasado ou e para o futuro e o paciente como suxeito.
Exemplos:

Pitaiwhaka-reringākai
PREPPitaPASCAUS+preparadoDEF.PLcomida
'Foi Pita quen preparou a comida'
Pitaewhaka-reringākai
PREPPitaFUTCAUS+preparadoDEF.PLcomida
'É Pita quen vai preparar a comida'

Nesta construción é posible a inversión da orde da frase verbal e do suxeito, especialmente se o suxeito é relativamente curto.
Exemplo:

Pitangākaiiwhaka-reri
PREPPitaDEF.PLcomidaPASCAUS+preparado

A forma negativa deste tipo de construción é igual que a normal pero coa palabra ehara ao principio da cláusula, normalmente múdase por i cando segue a ehara.
Exemplo:

EharaiaPitaiwhaka-reringākai
NEGPREPA.PPitaPASCAUS+preparadoDEF.PLcomida
'Non foi Pita quen preparou a comida'

Anteposición de adxuntos

Do mesmo xeito que o suxeito e o axente, os complementos circunstanciais tamén se poden antepoñer á frase verbal para focalizalos ou marcalos como tema. Os circunstanciais que poden aparecer en posición inicial da cláusula son: os de tempo, causa, os de medios e menos frecuentemente os de lugar.

COMPLEMENTOS DE TEMPO

Teñen dous patróns de estruturas:

1. A primeira ten como función a focalización do complemento de tempo. Para o pasado, o adxunto anteposto introdúcese coa preposicón , o verbo leva de partícula de tempo e aspecto i e a partícula anafórica posposta ai.
Exemplo:

tērāRāhoroirātouitaemaiai
PREPDEM.SGsábado3PLPASchegarDIRPAR.ANAF
CIRC TEMPSUXPRED
'Foi o sábado pasado cando eles chegaron aquí'

No futuro o complemento de tempo vai introducido pola preposición ā, a frase verbal non ten partícula de tempo e aspecto e leva a partícula anafórica ai.
Exemplo:

ĀtērāRāhoroirātouØtaemaiai
PREPDEM.SGsábado3PLFUTchegarDIRPAR.ANAF
CIRC TEMPSUXPRED
'Será o sábado que ven cando eles van chegar aquí'

2. A segunda ten funcións discursivas, presenta o complemento de tempo como tema. Constrúese tamén coa preposición ā, preo é compatible con todas as partículas de tempo e aspecto. Exemplo:

tērāRāhoroikataemairātou
PREPDEM.SGsábadoPASchegarDIR3PL
CIRC TEMPPREDSUX
'Falando do sábado pasado,foi cando eles chegaron aquí'

COMPLEMENTOS DE CAUSA