O maorí, como lingua illante, non expresa as significados gramaticais na morfoloxía, senon na sintaxe.

As palabras con significado léxico e con significado gramatical agrupanse en frases ou grupos sintácticos

ehaeremaianateopekitemarae
PROGiraquíPROGDEFgrupoalíaDEFmarae
[E haere mai ana][te ope rā][ki [te marae]
"Aquel grupo (de convidados) está chegando ao marae"

Os grupos poden ser verbais (como [E haere mai ana]), nominais (como [te ope rā] ou [te marae]), ou preposicionais (como [ki te marae]).

Todas as frases (nominais ou verbais) do maori seguen o mesmo esquema estrutural:

[(pre-núcleo) + núcleo + (post-núcleo)]

onde o núcleo é unha base léxica, ou máis dunha, mentres que pre-núcleo e post-núcleo son particulas con significados gramaticais. O pre-núcleo case sempre está presente, mentres que o post-núcleo é opcional.

  • As bases léxicas son polifuncionais e moitas delas poden aparecer indistintamente en grupos nominais ou verbais, que se distinguen entre si pola función e polo tipo de significados gramaticais que admiten.
  • No pre-núcleo teremos partículas de tempo e aspecto nos verbos, e determinantes nos nomes
  • No post-núcleo podemos atopar particulas modais, direccionais e locativas