Adxectivos

Hetangatapai(Harlow: p 5)
INDEFpersoabo
DETNÚCMOD
'Unha boa persoa'

Frases preposicionais

Posesión alienable e inalienable

A modificación posesiva exprésase mediante frases preposicionais postpostas ao núcleo, coas preposicións a/o 'de', nā/nō 'pertencente a' e mā/mō 'para', todas cun significado que implica certo grao de posesión. Mostran unha distinción compartida coa maioría das linguas polinesias sobre a relación entre posuído e posuidor. As formas con a descríbense coma alienables e as formas en o coma inalienables. As formas en a indican unha relación en que o posuidor ten algún tipo de control ou posición superior ao posuído. A posesión inalienable (formas en o) quere dicir que existe algún tipo de relación inherente entre o posuído e o posuidor.
Na seguinte táboa móstranse as principais áreas de uso de cada unha das dúas formas:

Formas en a ('posesión alienable') Formas en o ('posesión inalienable')
  • Posesións pequenas e portátiles.
  • Parentes dunha xeración inferior (agás uri 'descendente') e os cónxuxes wahine 'muller' e tāne 'home'.
  • Comida e bebida excepto auga e menciñas.
  • Animais que non sirven de vehículos.
  • Suxeito das nominalizacións de verbos transitivos.
  • Partes dun todo, coma as partes do corpo e por extensión pezas de roupa.
  • Todos os parentes, agás os dunha xeración inferior e os cónxuxes, e os amigos.
  • Obxectos grandes como medios de transporte, incluíndo animais coma cabalos.
  • Suxeito das nominalizacións de verbos intransitivos, neutros e de experiencia.
  • Suxeito de nominalizacións de verbos transitivos en pasiva.

Exemplos:


Ngākurīaterangatira(Harlow: p. 21)
DEF.PLcanPREPDEF.SGxefe
'Os cans do xefe'
Tetuanuiotewhare(Harlow:p. 22)
DEF.SGtelladoPREPDEF.SGcasa
"O tellado da casa"