SISTEMA VOCÁLICO

Attach:kupewheke.jpeg Δ O māori ten en total 10 fonemas vocálicos, 5 vogais breves /a/, /e/, /i/, /o/, /u/ os fonemas /e/, /o/ e /u/ poden ter coma realización fonética [ɛ], [ɔ] e [ʉ] respectivamente; e as correspondentes longas /aː/, /eː/, /iː/, /oː/, /uː/. Polo tanto, a cantidade nesta lingua é pertinente dende o punto de vista fonolóxico:

ata 'mañá' : āta 'coidado'

mana 'prestixio' : māna 'para el/ela'

o 'de' : ō 'disposicións para un viaxe'

wahine 'muller' : wāhine 'mulleres'

 ANTERIORCENTRALPOSTERIOR
PECHADAi ī
[i] [iː]
 u ū
[u] [uː]
MEDIAe ē
[e] [eː]
 o ō
[o] [oː]
ABERTA a ā
[a] [aː]
 

Ditongos

Os ditongos decrecentes do māori, en que a primeira vogal é o núcleo da sílaba e a segunda é unha semivogal, son:
[au] [aːu] [ao] [aːo] [ai] [aːi] [ae] [aːe] [ei] [eːi] [eo] [eu] [oi] [oe] [ou] [ui] [iu]

Os ditongos crecentes fómanse coa semivogal [w] seguidas das dez vogais do māori.

SISTEMA CONSONÁNTICO

A lingua māori ten un sistema consonántico simple, como caracteriza ás linguas polinesias, só ten dez consoantes, das que sete teñen a mesma representación gráfica ca o Alfabeto Fonético Internacional.

 BILABIALALVEOLARVELARGLOTAL
OCLUSIVAp
[p]
t
[t]
k
[k]
 
FRICATIVAwh3
[ɸ] / [f]
  h5
[h]
NASALm
[m]
n
[n]
ng4
[ŋ]
 
FLAP1 r
[ɾ]
  
APROXIMANTE2w
[w]
   

1. Ou vibrante simple, coma en galego 'coiro'.
2. Ou semivogal, coma en galego 'minguar'.
3. Este dígrafo ten varias pronuncias, o [f] pénsase que apareceu por influencia do inglés substituindo o son precolonial [ɸ], ademais, presenta diversas ponuncias dialectais [w], [ʔw],[h] e [ʔʍ].
4. Representa un único son, a nasal velar [ŋ] coma en galego 'ningunha'; daquela unha palabra coma tangata 'home, persoa' pronúnciase [ˈtaŋata].
5. Tamén ten a pronuncia dilactal [ʔ].

Nesta web pódense escoitar exemplos de pronuncia dos vinte fonemas da lingua māori.

ESTRUTURA SILÁBICA

A estrutura silábica tamén é moi simple, pois non permite as consoantes implosivas, deixando soamente catro posblidades: V,VV,CV e CVV que pode resumirse na fórmula [C]V[V]. Isto, sumado aos poucos fonemas consonánticos do māori, provoca que os préstamos doutras linguas requiran unha forte adaptación, por exemplo: ice cream > aihi kirīmi [ˈaihi kiˈɾiːmi].

SÍLABA TÓNICA

A sílaba tónica ten que estar entre as catro últimas da palabra seguindo estas sinxelas normas:

I. Se a palabra ten unha vogal longa, a súa sílaba é a tónica. Exemplos kaumāta, tutū [kauˈmaːta] [tuˈtuː].
II. Se hai un ditongo que non estea na sílaba final, a súa sílaba será tónica. Exemplos whakaeke [ɸaˈkaeke] pero marae [ˈmaɾae].
III.As demais palabras terán como sílaba tónica a primeira.
IV. O prefixo whaka- nunca pode ter a primeira sílaba tónica, e a segunda só cando ao unirse a outra palabra forma un ditongo ou unha vogal longa. Exemplos whakanui [ɸakaˈnui], whakaako [ɸaˈkaːko].
V. As palabras parcialmente reduplicadas teñen a sílaba tónica na raíz non na reduplicación. Exemplos papako [paˈpako].
VI. As palabras completamente reduplicadas teñen a sílaba tónica na primeira aparición da raíz e unha sílaba tónica secundaria na segunda. Exemplo tangitangi [ˈtaŋiˌtaŋi].

ORTOGRAFÍA

O alfabeto māori está basado no alfabeto latino adaptado a fonoloxía desta lingua, a adaptación levárona a cabo británicos coa colaboración dos nativos. O alfabeto consta de vinte letras das que dúas son dígrafos e cinco son vogais con macron:

A Ā E Ē H I Ī K M N O Ō P R T U Ū W NG WH

En xeral a lingua māori posúe un sistema de escritura moi fonético, con unha regras fixas que evitan equívocos. As vogais longas indícanse co macron excepto cando a vogal longa é unha contracción resultante dunha afixación ou composición. Exemplos kōrero 'falar' [ˈkoːɾeɾo] whakaaro 'pensar' [ɸaˈkaːɾo].


Fonoloxia