O māori é unha lingua morfolóxicamente illante, normalmente a cada palabra correspóndelle un morfema.A maioría das súas palabras pertencen a dúas clases:
- Partículas, que teñen funcións gramaticais ou modificadoras.
- Bases ou lexemas, con contido léxico.
Exemplo:
| I | tae | mai | rātou | i | nanahi | nei |
|---|---|---|---|---|---|---|
| PAS.AOR | chegar | DIR | 3PL | PREP | onte | LOC |
| 'Eles chegaron onte' | ||||||
Aínda que o māori sexa predominantemente illante tamén pode formar palabras a través de procesos de sufixación, prefixación, reduplicación e composición.
1.Sufixación:
| inu-mia | pai-nga | |
|---|---|---|
| beber+PASI | bo+NOM | |
| 'ser bebido' | 'bondade, beneficio' |
2.Prefixación:
| whaka-tika | kai-korero | kai-whaka-haere |
|---|---|---|
| CAUS+correcto | AX+falar | AX+CAUS+ir |
| 'correxir' | 'falante' | AX+organizar |
| 'organizador' |
3.Redupicación:
As raíces bisílabas teñen dous patróns de reduplicación; pode ser parcial, en que se reduplica a primeira sílaba: pai 'bo' > papai 'bos', ou forma intensiva de 'bo', whero 'vermello' > whewhero 'arrubiado'(atenuación do significado), kimo 'pechar os ollos' > kikimo 'manter os ollos pechados'; e tamén pode ser total, a raíz enteira reduplícase: kimo 'pechar os ollos' > kimokimo 'pechar os ollos con frecuencia', kuru 'llanzar, botar' > kurukuru 'botar, tirar (cousas por todas partes).
As raíces de tres ou máis sílabas teñen varidade de patróns os máis habituais son a repetición das dúas primeiras sílabas ao inicio da palabra: takahi 'pisar' > takatakahi 'pisar varias veces, estragar'; e a reduplicación das dúas últimas sílabas ao final da palabra con alongamento da primeira vogal: haere 'ir' > hāereere 'vagar'.
4.Composición:
| whare-nui | Rā-rohoi | |
|---|---|---|
| casa+grande | día+lavar | |
| 'local de reunión' | 'Sábado' |
