No crioulo falado en San Basilio de Palenque é posible recoñecer as función sintácticas de suxeito e obxecto das cláusulas transitivas (A-P), así como o suxeito das cláusulas intransitivas (S). A orde dos constituíntes das cláusulas e fixa, sempre SVO, é dicir, o suxeito antecede sempre o verbo e o obxecto sempre o segue.

O predicado na lingua de San Basilio de Palenque, que consta de dous elementos: unha partícula preverbal que sinala o tempo e o aspecto seguida dunha forma verbal invariable. Esta forma verbal invariable procede do infinitivo español coa consecuente perda do fonema vibrante final.

O suxeito

A función de suxeito é unha función obrigatoria tanto nas cláusulas transitivas como intransitivas. Así, na orde SVO o suxeito nominal é unha función preverbal, incluso nas oracións interrogativas:

¿bokelésalí?
tiquerersaír
spred
«¿ti queres saír?»

O suxeito no palenquero non leva caso nin concorda co verbo en persoa, pero si en número, aínda que nos casos no que o suxeito é nominal a marca de número soe tamén omitirse: María a ta ablá /*María ele a ta abla. No palenquero existen pronomes que desempeñan a función de suxeito, que no singular, posúen diferentes variantes.

A función de suxeito nas cláusulas intransitivas:

1.Mujémisianaséakatajena
 mullermiñasiPERFnacerenCartaxena
 s vCO
 «A miña muller si naceu en Cartaxena»
2.Numanumia tatrabajáayá
 irmánmeuPROGtraballaralá
 sVCO
 «Mi hermano está trabajando allá»
3.Ibaeayáaguénu
 euiraláhoxenon
 SVCOCOneg
 «Eu non vou alá hoxe»
4.Mahendeasékandáasina
 PlxenteHABcantarasí
 SVco
 «Nosotros cantamos así»

Nas cláusulas transitivas o suxeito mantén as mesmas características que nas intransitivas: obligatoriedade, concordancia co plural e ausencia de marcas de caso.

5.Iamináunmakusa
 euPERFverunPLcousaalí
 SVOCO
 «Eu vin unhas cousas alí»

O obxecto

Na cláusula transitiva precedente verificase que no palenquero a función sintáctica de obxecto ven determinada pola orde de constituíntes, onde o obxecto segue sempre o verbo, pero non concorda con éste nin en persoa nin en número, tampouco leva caso.

6.Ayáiasembláunmapalokoko
 aláeuPERFprantarunPlpaococo
 coSVO
 «Alá prantei uns paos de coco»

O obxecto tampouco leva caso, pero debe sinalarse que nos pronomes de primera persoa a forma do obxeto (mi) é diferente da do suxeito (yo/i), e na terceira persoa o forma de obxecto é lo (invariable). Non hai distinción entre obxecto directo e indirecto [cf. Patiño Roselli p. 214]:

7.iaablaloiminíbukatrabajo
 euPERFdicirel(OBX)euvirbuscartraballo
 "eu dixenlle: veño buscar traballo"

A maiores, os pronomes obxecto de primeira e segunda persoa poden levar un sufixo -ndo, de etimoloxía descoñecida:

8.minakumoesemonátaminábondo
 miracomoesenenoPROGmirarti-OBX
 "mira como te está mirando ese neno"

O Complemento oblicuo

O crioulo do palenque para expresar circunstancias utiliza adverbios que tamén desempeñan as función típicas das preposicións. Esto significa que na lingua do Palenque non se distinguen os adverbios das preposicións.

1.Esemuhétenéunkusaoho
 esemullerteruncousaaí/enollo
 SPredOCO
 Esa muller ten unha cousa no ollo

Posesión e existencia

No palenquero para expresar a posesión das cousas ou as relacións familiares utilízase o verbo tené, derivado da forma do infinitivo español do verbo transitivo "tener" coa consecuente perda do fonema vibrante en posición final:

1.Yatenseimoná
 sPROGVO
 Yo tengo seis hijos
2.Eleatenéndomuhé
 SPROGVO
 Él tiene dos mujeres

Ese mesmo verbo atomámolo tamén en cláusulas que indican existencia:

2.AkíPalengesutoatenbariafamiliariko
 aqui/enPalenquenosoPERFter/habervariosfamiliarico
 No noso palenque hai varias familias ricas

Atribución

Para as estruturas atributivas utilízanse as cópulas ta (< esp. estar), é (<esp. e, port é), era (< esp. era), fue (< esp. fue), e sendá (<esp. sentar):

1.Es'esobrinoele
 eseésobriñodel|
 SCopATRIB
 Ese é o seu sobriño
2.Esosendámakusaané
 esosonPLcousadeles
 SPredATRIB
 Esas son as súas cousas