1. Expresión de participantes en cláusulas transitivas e intransitivas
En árabe é posible recoñecer formalmente as funcións sintácticas Suxeito (en cláusulas transitivas e intransitivas) e Obxecto (en cláusulas transitivas). As funcións suxeito e obxecto exprésanse basicamente mediante os casos nominativo e acusativo, respectivamente. O verbo concorda co suxeito en persoa, xénero e, ás veces, en número. A orde de constituíntes non marcada é VSO en árabe clásico.
Nos dialectos árabes falados perdéronse os sufixos de caso, polo que as relacións sintácticas se expresan máis ben mediante a orde de palabras e a concordancia. En canto ao árabe escrito, debe terse en conta que ao non se escribir habitualmente os diacríticos das vogais, o peso dos morfemas de caso é moi limitado.
Orde de constituíntes
A orde de constituíntes nas cláusulas árabes non é fixa, pero en árabe literario a orde máis común se o predicado é un verbo é VSO. Os adxuntos adoitan aparecer despois do obxecto.
(1)
|
|
| za:r-a
| Zayd-un
| ‘Amr-an
|
---|
| visitar(PERF)-3Sg
| Zaide-NOM
| Amra-ACUS
|
| = "Zaide visitou a Amra"
|
Os dialectos falados do árabe moderno adoitan utilizar máis ben a orde SVO.
SUXEITO
Coa orde non marcada VSO, o suxeito nominal aparece en caso nominativo inmediatamente detrás do verbo concordando con el en xénero, pero non en número
قدم الولد
|
(2a)
| qadim-a
| l-walad-u
|
---|
chegar-MASC(3Sg)
| DEF-neno-NOM
|
= "O neno chegou"
|
(2b)
| qadim-a
| ’awla:d-i:
|
---|
chegar-MASC(3Sg)
| fillos-meus
|
= "Os nenos chegaron"
|
(2c)
| qa:lat-i
| l-mu‘allim-a:t-u
| ða:lik-a
|
---|
dicir(PERF)-FEM(3Sg)
| DEF-mestra-FEM-NOM
| iso-ACUS
|
= "As mestras dixeron iso"
|
Non obstante , se o suxeito é un pronome, sitúase en posición inicial, co que a orde se converte en SVO. Neste caso, o verbo concorda co suxeito en persoa, xénero e tamén en número
(3)
| huwa
| za:ra
| ‘Amran
|
---|
| El
| visitou(PERF:3Sg:Masc)
| Amra-ACUS
|
| = "El visitou a Amra"
|
Do mesmo xeito, o verbo concorda con calquera suxeito en número, persoa e xénero se o suxeito precede ao verbo ou se non se expresa por ser mencionado anteriormente no texto:
(4a)
| 'awla:d-i:
| qadim-u:
|
---|
| fillos-meus
| chegar.PERF-3PlMasc
|
| "Os meus fillos chegaron"
|
(4b)
| walad-i:
| qadim-a
|
---|
| fillo-meu
| chegar.PERF-3PlMasc
|
| "O meu fillo chegou"
|
(2c)
| qa:lat-na
| ða:lik-a
|
---|
dicir(PERF)-3PlFem
| iso-ACUS
|
= "Dixeron (elas) iso"
|
OBXECTO
O obxecto directo realízase en caso acusativo e posposto ao verbo e ao suxeito nominal
(5)
| كَتَبَ رِسَالَةً
|
| katab-a
| risa:lat-a-n
|
---|
| escribir(PERF)-3SgMsc
| carta-ACUS-INDF
|
| "Escribiu unha carta"
|
O obxecto pronominal preséntase como un sufixo persoal engadido ao verbo:
(6)
| darab-a-ni:
|
---|
| golpear-3SgMasc-1SgObx
|
| “Pegoume”
|
Algúns verbos bitransitivos poden ter dobre obxecto:
(7)
| ’a‘ta:-ni
| l-kita:b-a
|
---|
| deu-1SgObx
| DEF-libro-ACUS
|
| "Deume o libro"
|
Pero existe a construción alternativa co receptor en forma de frase preposicional:
(8)
| ’a‘ta:
| l-kita:b-a
| li-i:
|
---|
| deu
| DEF-libro-ACUS
| para-1 sg
|
| "Deume o libro"
|
Tamén levan dobre obxecto os causativos de verbos transitivos
(9)
| 'asma-tu-hu
| kala:m-a-n
|
---|
| oír(CAUS)-1SgSux-3SgObx
| palabras-ACUS-INDEF
|
| "Fíxeno oír palabras"
|
2. Constituíntes non centrais: frases preposicionais
As funcións clausais distintas de suxeito e obxecto exprésanse mediante frases preposicionais, formadas mediante preposición e nome en caso xenitivo (exemplo 10) ou ben mediante preposición e sufixo persoal (exemplo 11)
(10)
| ðahab-a
| muhammad-un
| 'ila:
| l-madrasat-i
|
---|
| ir(PERF)-3 SG
| Mohamed-NOM
| a
| DEF-escola-XEN
|
| = "Mohamed foi á escola"
|
(11)
| katab-u
| risa:lat-a-n
| ’ilay-ki
|
---|
| escribir(PERF)-1Sg
| carta-ACUS-INDEF
| para-2SgFem
|
| = "Escribín unha carta para ti"
|
As funcións circunstanciais tamén poden ser realizadas por adverbios. Ademais dos adverbios propios (por exemplo, 'amsi "onte"), tamén o caso acusativo asume algunhas funcións adverbiais. A forma indefinida do acusativo forma moitos adverbios a partir de nomes (ga:d-an "mañá", sabah-an "pola mañá") e mesmo formas adverbiais derivadas de verbos
(12)
| ga:dartu
| l-bayt-a
| mashy-a-n
|
---|
| abandonei
| DEF-casa-ACUS
| camiñar-ACUS-INDEF
|
| "Abandonei a casa camiñando"
|
3. Cláusulas atributivas
A expresión da atribución realízase en árabe sen verbo, unindo Suxeito e Predicado non verbal.
A predicación atributiva exprésase combinando, como suxeito, unha frase nominal de determinación definida (incluíndo nomes propios e pronomes persoais) en caso nominativo e, como predicado, un nome ou adxectivo de determinación indefinida tamén en caso nominativo, concordando en xénero e número co suxeito.
(13)
| 'al- 'umm-u
| qaliq-at-u-n
|
---|
| DEF-nai-NOM
| preocupada-FEM-NOM-INDEF
|
| = "A nai está preocupada"
|
(14)
| Muhammad-un
| kari:m-u-n
|
---|
| Mohamed-NOM
| xeneroso-NOM-INDEF
|
| = "Mohamed é xeneroso"
|
Na localización e outras relacións circunstanciais o Predicado non verbal é unha frase preposicional ou un adverbio
(15)
| 'ar-rajul-u
| fi l-bayt-i
|
---|
| DEF-home-NOM
| en DEF-casa-XEN
|
| = "O home está na casa"
|
(16)
| (’a)s-salam-u
| ’alay-kum
|
---|
| DEF-paz-NOM
| sobre-2 PL
|
| = "A paz sexa convosco"
|
Se a frase nominal é indefinida posponse á frase preposicional, adquirindo sentido existencial
(17)
| fi l-bayt-i
| rajul-u-n
|
---|
| en DEF-casa-XEN
| home-NOM-INDEF
|
| = "Hai un home na casa"
|
Unha construción similar formada por Frase Preposicional + Frase Nominal é a que se utiliza para expresar predicacións relacionais de posesión
(18)
| la-ka
| kita:b-u-n
|
---|
| para-2SG.MASC
| libro-NOM-INDEF
|
| = "Tes un libro"
|
(19)
| bi-hi
| marad-u-n
|
---|
| en-3 SG
| enfermidade-NOM-INDEF
|
| = "Ten unha enfermidade"
|
Ao carecer de verbo, a predicación atributiva non expresa nin tempo nin aspecto, polo que pode situarse en calquera segmento temporal, aínda que habitualmente debamos traducilas por un presente. Para indicar explicitamente tempo pasado utilízase o verbo ka:na "ser/estar", que se constrúe co atributo en acusativo, coma se fose o seu obxecto directo:
(20)
| ka:na
| muhammad-un
| kari:m-a-n
|
---|
| ser(PERF)
| Mohamed-NOM
| xeneroso-ACUS-INDEF
|
| = "Mohamed era xeneroso"
|