Tempo

O sistema temporal do suomi ou finés é un sistema binario que opón pasado ("imperfecto") a non-pasado ("Presente", que vale tamén para expresar futuro). Non existe forma verbal específica para o futuro en finés

- Presente:

Expresa tempo non transcurrido, normalmente simultáneo o momento de fala, e a veces tamén a un tempo futuro ou posterior o tempo de fala. Carece de marca temporal.

Presente
osta-n merco
osta-t mercas
osta-a merca
osta-mme mercamos
osta-tte mercades
osta-vat mercan


- Imperfecto:

fórmase coa desinencia temporal 'i' seguido das desinencias persoais. Este tempo expresa unha acción que sucedeu antes do acto de fala.

Imperfecto
sano-i-n dicía anno-i-n daba
sano-i-t dicías anno-i-t dabas
sano-i dicía anto-i daba
sano-i-mme dicíamos anno-i-mme dabamos
sano-i-tte dicíades anno-i-tte dabades
sano-i-vat dicían anto-i-vat daban


Aspecto perfecto

- Perfecto (=presente perfecto):

expresa accións pasadas que teñen consecuencias no presente, dunha forma ou outra. Como un dos dous tempos compostos que existen en finés, este tempo fórmase co auxiliar olla ('haber') conxugado en presente seguido do verbo principal en participio de perfecto. Este participio de perfecto fórmase engadindo a raíz do infinitivo as desinencias -nut/-nyt para o singular e -neet para o plural.

Perfecto
ole-n sano-nut teño dito ole-n huoman-nut observei
ole-t sano-nut tes dito ole-t huoman-nut observaches
on sano-nut ten dito on huoman-nut observo
ole-mme sano-neet temos dito ole-mme huoman-neet observamos
ole-tte sano-neet tedes dito ole-tte huoman-neet oobservastes
ovat sano-neet teñen dito ovat huoman-neet observaron

- Pluscuamperfecto (= Pasado perfecto):

expresa accións pasadas anteriores a outras pasadas. Fórmase co auxiliar olla (haber) conxugado en imperfecto seguido do participio de perfecto do verbo principal.

Pluscuamperfecto
ol-i-n ol-lut estivera ol-i-n osta-nut mercara
ol-i-t ol-lut estiveras ol-i-t osta-nut mercaras
ol-i ol-lut estivera ol-i osta-nut mercara
ol-i-mme ol-leet estiveramos oli-i-mme osta-neet mercaramos
ol-i-tte ol-leet estiverades oli-i-tte osta-neet mercarades
ol-i-vat ol-leet estivera ol-i-vat osta-neet mercaran


Aspecto e Tempo

Aspecto perfecto e Tempo

Aspecto
Imperfecto Perfecto
Tempo Presente Presente Perfecto
Pasado Imperfecto Pluscuamperfecto


Aspecto perfectivo


Compre sinalar que en finés diferenciase entre aspecto perfectivo, é dicir unha acción que ten un principio e un final, e imperfectivo. Esta distinción de aspecto non se marca por ningunha clase de morfema, senón que se distingue pola transitividade