Orde de constituíntes na cláusula

A orde básica dos constituíntes no finés é a de Suxeito - Verbo - Obxecto [SVO].

Leena sö-i jäätelö-ä
Leena comer-3s xelado-PART
"Leena come xelado"



Orde de constituíntes na frase


Na frase nominal, en xeral os modificadores (poseedores, adxectivos, numerais e participios) preceden aos nomes que modifican.

Presidenti-n nimi on Koivisto
Presidente-XEN nome é Koivisto

"O nome do presidente é Koivisto"

Helsingi-n yliopisto
Helsinki-XEN universidade

"Universidade de Helsinki"

Opiskele-n kolme-a kieltä
estudar-P1 tres-PART idioma-PART
"Estudo tres idiomas"


syö-vä mies
comer-ppio home
"O home que come"


As cláusulas relativas, en cambio, seguen ao núcleo nominal

Kirjee-t jo-i-sta kerro-i-n
carta-pl realtivo-pl-ELAT falar-imprf-P1
"As cartas de que falei"