Cláusulas de relativo
As cláusulas de relativo van introducidas por un pronome relativo. O relativo concorda en número co antecedente, pero vai no caso que lle corresponde dentro da clausula subordinada:
| Kirjee-t, | jo-i-sta | kerro-i-n, | o-vat | pöydä-llä |
| Carta-pl (nom) | relativo-pl-elat | falar-imprf-P1sg | ser-3Ppl | mesa-ades |
| As cartas | de que | falei | están | na mesa |
Cando a subordinada de relativo precede a clausula principal, ou cando o antecendente non está explícito, é un pronome interrogativo o que fai de relativo:
| Se | minkä | sano-i-n | on | totta |
| Dem. (nom) | interrogativo (acus) | dicir-imprf-1Psg | ser (3Psg) | certo |
| Iso | que | dixen | é | certo |
Interrogativas indirectas
As interrogativas indirectas van marcadas coma o resto das interrogativas:
| E-n | tiedä | on-ko | hän | suomalainen |
| neg-1Psg | saber (inf) | ser-interrog | el | finés |
| Non | sei | se é | finés |
