O sistema nominal finés está formado por quince casos gramaticais, dos cales son usados e produtivos comunmente doce deses casos. Estes casos poden ser agrupados en:

  • Casos estruturais: nominativo, acusativo, xenitivo e partitivo. Son os casos que expresan relacións gramaticais como as de suxeito, obxecto, e posesión. O xenitivo é usualmente require de nomes gobernados por posposicións, mentres que o partitivo expresa un efecto parcial do predicado no obxecto.
  • Casos locais: ilativo, inesivo, elativo, alativo, adesivo e ablativo; expresan movemento ou localización con respecto ao obxecto.
  • Casos de estado: translativo e esivo; expresan cambios temporais de estado do obxecto.
  • Casos marxinais: abesivo, comitativo e instrutivo; expresan nocións como "sen", "con, acompañado por", "con, por medio de". Estes significados son expresados sobre todo por preposicións e posposicións.

Excepto o nominativo que non ten marca, e o acusativo que algunhas veces tampouco é marcado; cada caso é marcado por un sufixo.

Singular Plural Tradución Observacións
Nominativo talo talot casa Suxeito (o nominativo non ten desinencia flexiva)
Acusativo talon talot - Obxecto das acción completas. (Só é diferente de NOM e de XEN só con pronomes persoais)
Partitivo taloa taloja - parte dun conxunto, cantidade, etc
Xenitivo talon talojen da casa posesión
Esivo talona taloina como casa condición ou calidade
Translativo taloksi taloiksi (converterse en casa) cambio de condición
Inesivo talossa taloissa dentro da casa localización, dentro de algo
Adesivo talolla talloila cerca de, xunto á casa localización adxacente
Elativo talosta taloista (dende dentro) da casa movemento a fóra, "saír de"
Ilativo taloon taloihin (ata dentro de)á casa movemento a dentro, "entrar en"
Ablativo talolta taloilta (dende fora) da casa afastamento da localización adxacente
Alativo talolle taloille á casa (sen entrar nela) acercamento á localización adxacente
Abesivo talotta taloitta sen a casa ausencia de algo
Comitativo - (taloinensa) Coa(s) súa(s) casa(s) en compañía de algo
Instrutivo (talon) taloin "con a casa" instrumento