Mapa dialectal (de Wikimedia Commons)

O finés é unha lingua urálica da familia fino-ugria. Fálana máis de 5 millóns de persoas en Finlandia, 300.000 en Suecia e 200.000 nos EUA.

O finés é a lingua oficial de Finlandia, xunto co Sueco. Algúns autores, como Campbell, consideran o Carelio, lingua da república rusa de Carelia, un dialecto do finés; outros consideran que é lingua de seu, e distinguen o dialecto carelio finés da lingua carelia. Deste xeito o finés sería tamén lingua oficial nesta república.

O finés pode dividirse en varios dialectos, pero a principal división é entre dialectos orientais e occidentais. A diferenciación entre estes dialectos é de carácter fonolóxico. Nos dialectos occidentais as consoantes /k, t, p/ vocalizan cando preceden a /r, l/ , e a labial final da terceira persoa do presente de indicativo desaparece.

Dialecto occidental Dialecto oriental
Pescozo kaula kakla
Onte eilen eklen
Reno peura petra
(Ela/el) bebe juo juop(i)