O termo modo fai referencia as formas coas que os falantes expresan as accións dos verbos. En finés existen catro modos, e cada un deles coincide cun tipo de expresión da acción verbal no acto de fala.
Estes catro tipos son o indicativo, condicional, imperativo e potencial; e cada un deles márcase cunha desinencia específica (agás o indicativo).
- Indicativo:
é o modo máis frecuente. Carece de desinencia e presenta a acción como tal, sen expresar a actitude do falante respecto a acción. Nas formas de indicativo só aparecen no verbo as desinencias de tempo e de persoa.
| Nyt menen kotiin | Agora vou a casa |
| Lapsi leikkii pihalla | O neno xoga no patio |
| Vieraat tulevat illalla | Os invitados veñen pola noite |
| Eilen sain kaksi kirjettä | Onte recibín dúas cartas |
- Condicional:
márcase coa desinencia -si- e expresa accións suxeitas a condicións, aparecendo normalmente en construcións condicionais coa conxunción jos -se-. Esta desinencia -si- engádese a raíz do verbo, seguida da desinencia de persoa.
| Verbo sano-a | Verbo anta-a | ||
| sano-isi-n | diría | anta-isi-n | daría |
| sano-isi-t | dirías | anta-isi-t | darías |
| sano-isi | diría | anta-isi | daría |
| sano-isi-mme | diríamos | anta-isi-mme | daríamos |
| sano-isi-tte | diríades | anta-isi-tte | daríades |
| sano-isi-vat | dirían | anta-isi-vat | darían |
Esta desinencia de condicional non produce alternancia consonántica na raíz do verbo, pero as regras de cambios vocálicos seguen actuando na unión desta desiencia coa raíz flexiva.
| Infinitivo | 1ºPersoa condicional | |
| luke-a | ler | luk-isi-n |
| huomat-a | observar | huoma-isi-n |
| saa-da | obter | sa-isi-n |
| oppi-a | aprender | opp-isi-n |
O condicional tamén pode aparecer en perfecto, o cal se forma a partir do verbo olla (haber, ser) en condicional seguido do participio de perfecto do verbo principal.
| ol-isi-n ol-lut | tería alegrado |
| ol-isi-t ol-lut | terías alegrado |
| ol-isi ol-lut | tería alegrado |
| ol-isi-mme olleet | teríamos alegrado |
| ol-isi-tte ol-leet | teríades alegrado |
| ol-isi-vat ol-leet | terían alegrado |
En canto as formas negativas do condicional, estas fórmanse de maneira regular co verbo auxiliar de negación e o verbo principal coa desinencia de condicional e sen persoas no presente, e no perfecto co verbo auxiliar de negación seguido de olla coa desinencia de condicional e do verbo principal en participio de perfecto-
| emme kertoisi | non narraríamos |
| en sö-isi | non comería |
| en ol-isi otta-nut | tería collido |
| eivät ol-isi lähte-neet | terían saído |
Hai que destacar que este modo úsase normalmente en construción condicionais, como xa dixemos, e en expresións de cortesía:
| Olisin iloinen, jos tulisit | Alegraríame se viñeras |
| Joisin mielelläni kahvia | Con gusto tomaría café |
| Kaataisitko lisää teetä? | Poderías servir máis té? |
| Kysyisin, onko teillä | Podería preguntarlle se ten vostede ...? |
- Imperativo:
é o modo para expresar unha orde, mandato ou exhortación. Para saber máis deste modo ir o apartado do imperativo.
- Potencial:
márcase coa desinencia 'ne' que se engade a raíz do infinitivo, seguido da desinencia de persoa. É un modo pouco frecuente que expresa que a acción do verbo é probable ou posible.
| Infinitivo | 3ºPersoa potencial | |
| anta-a | dar | anta-ne-e |
| löytä-ä | atopar | löytä-ne-e |
| luke-a | ler | luke-ne-e |
| saa-da | obter | saa-ne-e |
| voi-da | poder | voi-ne-e |
Igual que ocorre coa desinencia do participio de perfecto, a desinencia do potencial produce cambios consonánticos :
- Se a raíz do infinitivo remata en consoante l, r ou s, a n- inicial da desinencia cambia por esa consoante.
- Se a raíz do infinitivo remata en t, esta cambia por n.
| Infinitivo | 3ºPersoa potencial | |
| nous-ta | erguerse | nous-se-e |
| tul-la | vir | tul-le-e |
| ajatel-la | pensar | ajatel-le-e |
| huomat-a | observar | huoman-ne-e |
| kohdat-a | atoparse | kohdan-ne-e |
| leikat-a | cortar | leikan-ne-e |
O verbo olla (ser, haber) presenta unha forma de modo potencial excepcional, formada a partir da raíz liene- a que se lle engaden as desinencias de persoa.
| liene-n |
| liene-t |
| liene-e |
| liene-mme |
| liene-tte |
| liene-vät |
Este modo pode aparecer tamén en perfecto, Este perfecto potencial constrúese con liene- seguido da desinencia de persoa e o participio de perfecto do verbo principal:
| Johtaja lienee käynyt Brasiliassa | O director probablemente estivo en Brasil |
| Hän lienee ollut myös Marokossa | El estaría probablemente en Marrocos |
| Lienemme nähneet tämän elokuvan aikaisemmin | Pode que xa viramos antes esta película |
