Características xerais das estruturas predicativas

O māori, ao contrario de outras linguas polinesias como a lingua de Tokelau que é ergativa, é unha lingua de tipo nominativo-acusativo, existe diferencia formal entre o suxeito e o obxecto das cláusulas transitivas, pero non entre o suxeito das cláusulas intransitivas e o das transitivas. As funcións dos constituíntes da cláusula márcanse pola orde e por partículas.

Estruturas intransitivas: predicado e suxeito

O suxeito vai inmediatamente despois da frase predicativa e non necesita de partículas que indiquen a súa función.

Exemplo:

Iomaaturātou
PAS.AORcorrerDIR3PL
PREDSUX
'Saíron correndo' (lit. 'correron fóra')(H, p. 4)

Estruturas transitivas: predicado, suxeito e obxecto

As estruturas transitivas teñen obxectos marcados por preposicións que van despois do predicado e o suxeito. Nas cláusulas transitivas o suxeito non leva marca, igual que nas intransitivas, o obxecto directo márcase coa preposición i e o indirecto coa preposición ki.

Exemplo:

Kei.tepatuiait-ā-nakurī
PRES.PROGgolpear3SGACUSSG-de-3SGcan
PREDSUXOBX DIR
'Está golpeando o seu can'(H, p. 4)

Estruturas con dobre obxecto

As estruturas con dobre obxecto ou bitransitivas son aquelas cláusulas que teñen obxecto directo e indirecto, habitualmente en māori o obxecto directo precede ao indirecto.

Exemplos:

Kei.tetuhiauit-ā-kuretakiaia
PRES.PROGescribir1SGACUSSG-de-1SGcartaDATDEF3SG
PREDSUXOBX DIROBX IND
'Estou escribíndolle a miña carta'(H. p. 27)
Iwhaka-atuiaiØ-ā-napukapukakiØ-ō-nahoa
PAS.AORamosar3SGACUSPL-de-3SGlibroDATPL-de-3SGamigo
PREDSUXOBX DIROBX IND
'Ela amosoulles os seus libros aos seus amigos'(H., p. 27)

Circunstanciais e outros complementos periféricos

Os complementos distintos de suxeito e obxecto van precedidos de preposición.
Exemplo:

Ikoneirāuainanahi
PREPaquí3DUPREPonte
PREDSUXCIRC TEMP
'Eles dous estiveron aquí onte'

As principais preposicións son:

i

Ademais de ser a marca de acusativo, e unha partícula de tempo é modo nos predicados, tamén funciona como preposición para introducir complementos de tempo 'en', lugar 'en', causa 'por' e comparativos 'ca'.

ki

As súas funcións, a parte de indicar o obxecto indirecto, son introducir complementos de lugar 'a', tempo 'ata' e instrumentais 'con'.

e

É a preposición do complemento axente da pasiva.

me

Para os complementos de compañía 'con'.

ā

Introduce complementos de tempo de futuro.

A predicación non verbal

A predicación non verbal en māori constrúese con frases nominais e con frases prepositivas. Estas construcións serven para expresar a atibución, a localización e a posesión:

Atribución

Hai tres tipos de predicados atributivos:

O primeiro segue o patrón he(determinante indefinido) + NOME e o súa tradución é 'SUX é (un) NOME'.
Exemplo:

Hekai-whaka-akoaMere
INDEFprofesoraA.PMere
PREDSUX
'Mere é profesora'(H. p. 23)

O segundo ten coma patrón he + ADX e o seu significado é 'SUX é ADX'.
Exemplo:

Herekaēneikai
INDEFdeliciosoDEM.PLcomida
PREDSUX
'Esta comida é deliciosa'(H., p. 23)

O terceiro tipo de predicado atributivo son as atributivas ecuacionais que se forman cunha frase preposicional, usando a preposición ko.
Exemplo:

KoReit-ō-kuingoa
PREPReiSG-de-1SGnome
PREDSUX
'O meu nome é Rei'(H., p. 24)

Localización

Os predicados locativos introdúcense coas preposicións i,kei e hei. I para tempo pasado, kei para o presente e futuro e hei para o futuro.
Exemplo:

Ikoneirāuainanahi
PASaquí3DUPREPonte
PREDSUXCIRC TEMP
'Eles dous estaban aquí onte'(H., p. 24)

Posesión

Os predicados non verbais tamén poden expresar a idea de posesión, para facelo úsanse frases preposicionais. Hai dúas posibilidades:
1. Usar as mesmas preposicións que na localización: i, kei e hei máis posuidor.
Exemplo:

KeiakoeØ-ā-kumati?
PREPA.P2SGPL-de-1SGmisto
PREDSUX
'Tes ti os meus mistos?'(H., p. 24)

2. Formar a frase prepositiva con / para a posesión acual e con / para a posesión prospectiva seguidas do posuidor. As preposicións / e / tradúcense por 'de' e 'para' respectivamente.
Exemplos:

Hēmitērāwhare      rātoutēnāwaka
PREPHēmiDEM.SGcasa      PREP3PLDEM.SGcanoa
PREDSUX      PREDSUX
'Aquela casa é de Hēmi'(H., p. 24)     'Ese coche é para eles'(H., p. 24)

Clausula