A expresión temporal

No palenquero, como xa mencionamos no apartado dedicado o verbo, a expresión formal da categoría tempo faise mediante partículas preverbais ou posverbais. Tres son as nocións temporais básicas:

  1. Anterioridade ou pasado: márcase coa partícula -ba posposta o verbo
  2. Simultaneidade: é a forma non marcada, na que a ausencia de morfema, ou morfema cero, sinala a simultaneidade do proceso.
  3. Posterioridade ou futuro: temos a partícula preverbal tan-. Polo tanto, o morfema tan- preverbal sinala o carácter prospectivo dos procesos próximos ou aleixados no tempo, pero tamén denota a intención de facer algo (modalidade irrealis)

Asimesmo, a partícula que sinala anterioridade, ba-, pode combinarse coas partículas preverbais que sinalan aspecto,(a) ta-, tan-,asé-, taba-, agregando o significado aspectual o morfema de tempo pasado:

kuandosutoyegá,anéalungabangaina
Cando1plchegar3ªplPERFmatar PASgaliña
«Cando nos chegamos, eles habían matado a galiña»

O aspecto

O igual que sucede co tempo, no palenquero tamén márcase de forma analítica a constitución temporal interna dos procesos. O sufixo -ba pode acompañar as partículas aspectuais, como xa dixemos, engadindo o significado aspectual respectivo o de pasado

PROGRESIVOHABITUALCOMPLETIVOIRREAL
TA + VERBOÁ SÉ + VERBOÁ + VERBOTAN + VERBO
«estás comendo»«soes comer»«comestes»«comerás ou vas comer»

A partícula que, deste xeito, sinala aspecto perfectivo cos verbos que denotan accións ou sinalan estado (pesé "parecer, sabé, "saber, polé "poder" ou kelé "querer") é a partícula preverbal á-:

Entonsetigreátenebadeto:átenebayuca
LogotigrePERFtiene PASpreptodo:PERFten PASyuca
«Logo o tigre tiña de todo: tiña yuca»

Para marcar o aspecto imperfectivo temos a partícula ta- precedida do verbo en infinitivo, que sinala aspecto imperfectivo en presente é si se engade a partícula de pasado -ba, sinala imperfectivo no pasado:

Kuand'itababendéáTubbako
Cando1sgprog PASvenderprepTurbaco
«Cando eu estaba vendendo en Turbaco»

Categorías: Tempo, Aspecto