O palenquero opta por unha estratexia analítica para a expresión da negación que reflíctese no uso da partícula negativa nu en posición posverbal ou final de cláusula:

Ibaeayáaguénu
1sgiralláhoyno
«Eu non vou alá hoxe»

Ainda que a estratexia da partícula negativa posverbal é a máis frecuente; neste crioulo temos ata dous tipos máis de estruturas negativas básicas, que, segundo Schwegler, veñen determinadas por factores pragmáticos:

- Descontinua de dobre negación : E nu kelé fruta nu «El non quere froita»

- Negación preverbal: E nu kelé fruta «El non quere froita»

A construción descontinua de dobre negación aparece regularmente co modo imperativo:

¡NundaPuritandulonu!
NonpegarPuritaduronon
«¡Non lle pegues duro a Purita»

Segundo Schwegler (1991), a negación simple preverbal sería a expresión da negación non marcada, que se utilízase nos enunciados que non contradín afirmacións ou suposicións do interlocutor, senón, unicamente, rexistran as situacións. Pola contra, a negación posverbal e a dobre negación úsanse para contradicir declaracións ou presuposicións que aparecen explícitas ou implícitas no discurso precedente.


Categorías: Negación