No palenquero os substantivos son invariables na categoría de xénero, o mesmo que os adxectivos e os determinantes. Polo tanto pódese dicir que non existe a categoría de xénero no palenquero.

Ndomuhéguapo
«Dous mulleres guapas»

A partir da estructura precedente vemos que non existe concordancia entre os elementos.

No que a categoría número se refire,no crioulo de San Basilio de Palenque a forma non marcada, o igual que sucede no "kateyano" é o singular. Para a forma marcada, o plural, no palenquero percíbese o uso restrinxido e analítico do morfema de número -ma que antecede os substantivos.

Esosendámakusaané
Esaser PRESplcousa3sg POS
«Esas son as súas cousas»

Schwegler sinala que, en determinadas ocasións, o crioulo adoita un plural sintético para determinados nomes:

SUBSTANTIVO INVARIABLESUBSTANTIVO VARIABLE SINTÉTICOMORFEMA
MUHÉMUHÉRE -RE
PAPELPAPELE -LE
ANIMALANIMALE-LE
CANCIÓNCANCIONE-NE

Estas formas de plural aparecen unicamente cando os substantivos van precedidos de termos que comezan por vogal.

Mamuher´iakí
«As mulleres de aquí»