As frases nominais poden ser definidas ou indefinidas. Se o nome é indefinido engádese ao final o sufixo -n; se está definido prefíxaselle o artigo definido ('a)l-.

  • kita:bun "(un) libro"
  • 'al-kita:bu "o libro"

A determinación é tamén unha categoría de concordancia, polo que se expresa tamén nos adxectivos cualificativos que modifican o nome

Ademais dos nomes propios e os pronomes persoais, os nomes con modificador posesivo (pronominal ou nominal) son gramaticalmente definidos por defecto e non admiten nin o morfema definido nin o indefinido, pero os adxectivos que os modifiquen deben ser definidos