Cando facemos preguntas debemos distinguir entre as interrogativas totais, que piden unha resposta 'si' ou 'non', e as interrogativas parciais, nas que se pide a identidade algún elemento oracional

  • As interrogativas parciais van introducidas por algún dos pronomes ou adverbios interrogativos: man "quen", ma: "que", ayna / anna: "onde", kayfa "como", mata: "cando", ...
(61) ’ayna daras-a l-mu‘allim-u
onde estudar(PERF)-3 sg DEF-mestre-NOM
"Onde estudou o mestre?"
(62) kayfa ha:lu-ka
como estado-2SgMsc
"Que tal?"

[literal: "Como (é) o teu estado?"]

  • As interrogativas totais poden ir marcadas só polo ton, pero o habitual é que sexan introducidas por algunha das partículas interrogativas a أَ ou hal هَلْ
(63) 'a 'anta fa‘al-ta ha:ða:
INT ti facer(PERF)-2sgMsc isto
"Fixeches ti isto?"

Como resposta ás interrogativas totais, utilizaremos la: لا para negar e na'am ou i: para responder afirmativamente

(64) -hal 'anta ta:lib-u-n -- la:, 'ana 'usta:ð-u-n -na'am, 'ana ta:lib-u-n
INT ti(MASC) estudante-NOM-INDEF - Non, eu profesor-NOM-MASC - Si, eu estudante-NOM-INDEF
- "Es estudante?" - "Non, son profesor" - "Si, son estudante"