Na frase nominal, un nome pode ser modificado ou cualificado por un adxectivo (modificadores adxectivos), por outro nome ('modificadores nominais') ou por una cláusula relativa

Modificadores adxectivos

Os adxectivos do árabe son formalmente moi similares aos nomes. Para formar adxectivos, o sufixo máis común é -i:y, aínda que os adxectivos así sufixados poden funcionar como substantivos.

misr misr-i:y 'al-misr-i:y
"Exipto" "exipcio "(adx) "o exipcio "(sust)

Os adxectivos cualificativos van despois do nome e deben concordar cos nomes ós que modifican en xénero, número, caso e determinación. Exemplos

'al-lugat-u l-‘arabi:y-at-u
DEF-lingua-FEM-NOM DEF-árabe-FEM-NOM
= "A lingua árabe"
[lit. "a lingua a árabe"]
busta:n-u-n kabi:r-u-n
xardín-NOM-INDEF grande-NOM-INDEF
= "Un gran xardín"
al-busta:n-u l-kabi:r-u
DEF-xardín-NOM DEF-grande-NOM
= "O gran xardín"
mu'allim-a:t-u-n muslim-a:t-u-n
mestre-FEM.PL-NOM-INDEF musulmán-FEM.PL-NOM-INDEF
= "Mestras musulmanas"


Non obstante os plurais de irracionais (animais e cousas) son tratados como feminino singular para os efectos de concordancia:

maka:tib-u kabi:r-at-u-n
oficina(PL)-NOM grande-FEM.SG-NOM-INDEF
= "Grandes oficinas"
'al- kutub-u l-jami:l-at-u
DEF-librar(PL)-NOM DEF-hermoso-FEM.SG-NOM
= "Os libros fermosos"

Existen tamén formas comparativas e superlativas dos adxectivos, que se derivan mediante a combinación de afixos e flexión interna.

rajul-u-n hasan-u-n
home-NOM-INDEF bo-NOM-INDEF
= "Un home bo"
'ahsan-u rajul-i-n
mellor-NOM home-XEN-INDEF
= "O mellor dos homes"
'al-malik-at-u l-jami:l-at-ou
DEF-raíña-FEM-NOM DEF-bela-FEM-NOM
= "A bela raíña"
'al-malik-at-u l-juml-a:
DEF-raíña-FEM-NOM DEF-máis bela-FEM
= "A máis bela raíña"

Modificadores nominais

Os nomes que modifican a outros nomes aparecen en caso xenitivo e postpostos ao núcleo. Os nomes seguidos dun modificador nominal en xenitivo convértense en definidos, polo que non poden levar artigo (é a chamada forma 'constructa' do nome)

kita:b-u l-walad-i
libro-NOM DEF-neno-XEN
"O libro do neno"

O modificador pode ser indefinido, pero segue convertendo en definida a toda a frase:

kita:b-u walad-i-n
libro-NOM neno-XEN-INDEF
"O libro dun neno"

Alternativamente, podemos modificar un nome cunha frase preposicional con li ("de, para"), fórmula que utilizaremos se o núcleo non é definido

kita:b-u-n li l-walad-i
libro-NOM-INDEF de DEF-neno-XEN
"Un libro do neno"
kita:b-u-n li walad-i-n
libro-NOM-INDEF de neno-XEN-INDEF
"Un libro dun neno"

Se nunha frase coexisten un modificador en xenitivo e un adxectivo, este segue necesariamente o complemento nominal, aínda que concorde en xénero, número e determinación co núcleo nominal ao que modifica (o cal pode dar lugar a ambigüidades potenciais).

malik-u l-balad-i l-kari:m-u
rei-NOM DEF-país-XEN DEF-xeneroso-NOM
= "O xeneroso rei do país"
ba:b-u l-bayt-i l-kabi:r-i
porta-NOM DEF-casa-XEN DEF-grande-XEN
= "a porta da casa grande"

Para evitar ambigüidades pode utilizarse a alternativa de construír o modificador nominal coa preposición li

bi- l-ba:b-i l-kabi:r-i li- l-bayt-i
en DEF-porta-XEN DEF-grande-XEN de DEF-casa-XEN
= "Na porta grande da casa"

Cláusulas de relativo

As cláusulas de relativo seguen o nome ao que modifican. Se o antecedente está definido, a cláusula relativa introdúcese co pronome relativo al- laði ('o cal'), que concorda en xénero e número co antecedente.

ar-rajul-u l-laði: qatala 'ab-i:
o-home-NOM o cal matou pai-o meu
= "o home que matou o meu pai"

Se o pronome relativo non funciona como suxeito debe ser completado por unha forma pronominal obxecto na cláusula de relativo.

ar-rajul-u l-laði: qatal-a-hu 'ab-i:
DEF-home-NOM o cal matar(PERF)-3 SgMasc-3SgMascObx pai-1SG
= "O home ao que matou o meu pai"
[literal: "O home o cal o meu pai o matou"]

Se o núcleo modificado por unha cláusula de relativo é indefinido, a cláusula relativa non inclúe o pronome relativo.

ra'ay-tu rajul-a-n ja:’-a
ver(PERF)-1sg home-ACUS-INDEF vir(PERF)-3 SG
= "Vin un home que veu"