Morfoloxía flexiva dos nomes
Os sufixos que se poden engadir (ademais dos derivativos) ós diferentes radicales das palabras declinables (estas son: os substantivos, adxectivos, numerais e pronomes) son as desinencias de número, caso, posesión? e enclíticos, podendo aparecer todos á vez ou non, pero sempre nunha orde fixa:
RAÍZ+ NÚMERO+ CASO+ SUFIXO POSESIVO+ ENCLÍTICO
Como por exemplo:
Pulloissannekin ‘tamén nas vosas botellas’
Pullo | -i | -ssa | -nne | -kin |
RAÍZ | PL | INES | POS 2ªPL | ENCLÍTICO |
botella | -s | dentro | vosas | tamén |