A pasiva en finés ten valor impersoal. Constrúese sempre en terceira persoa e nunca se pode expresar o axente. Así, unha oración como "María foi bicada por Xoán" nunca podería construírse en finés, que so admitiría a forma activa equivalente a “Xoán bicou a María”, ou a pasiva sen axente, “María foi bicada”.
É por iso que moitos non a consideran unha forma pasiva senón como unha forma impersoal. Dependendo da consideración o paciente será suxeito ou obxecto.
Por norma xeral o paciente destas pasivas vai en nominativo ou partitivo, segundo se indicou no apartado de transitividade:
| Lue-tt-i-in | kirja |
| Ler-pva-pas-imp | libro(=nom) |
| O libro leuse = O libro foi lido | |
| Kirje-i-tä | saa-t-i-in | säänöllisesti |
| Carta-pl-part | recivir-pva-pas-imp | regularmente |
| As cartas recibíronse regularmente | ||
Se o paciente é un pronome de primeira ou segunda persoa, vai en acusativo:
| Minut | unohde-tt-i-in |
| 1ª sing(=acus) | esquecer-pva-pas-imp |
| Fun esquecido | |
