Os clasificadores acompañan aos nomes contables e adscríbenos a unha clase particular. Sempre van antepostos a el. Sempre van precedidos dun numeral (tamén numerais indefinidos como beberapa (varios) ou interrogativo numeral berapa (canto?): beberapa buah buku= varios libros). Hai que resaltar que o uso do clasificadore é opcional e con moitos nomes case non se usa.
Existen moitos clasificadores, aínda que os máis utilizados son só tres: orang, usado cos nomes de persoas, ekor, usado cos nomes de animais, e buah, usado cos nomes de cousas.
| dua | ekor | kuda |
|---|---|---|
| dous | CLF | cabalo |
| = "dous cabalos | ||
| dia | se-orang | guru |
|---|---|---|
| El | NUM+CLF | profesor |
| = "el (é) un profesor | ||
- É moito máis probable que os clasificadores aparezan con se- (que é o numeral 'un' se pero traduce como artigo indefinido) que con outros números. Se o clasificador está ausente se- non pode aparecer.
Dia seorang guru/Dia guru. = El (é) profesor.
- Co clasificador o nome sempre é indefinido. Un demostrativo ou posesivo non poden aparecer cun clasificador.
| seorang guru | cf. | guru saya/itu |
| NUM+CLF N | //// | N+DEM |
| un profesor | //// | profesor meu/este |
| un profesor | //// | o meu/este profesor |
- A diferenza doutros clasificadores orang pode aparecer sen acompañar a un nome:
| Dia | seorang | yang | jujur. |
|---|---|---|---|
| PRON | NUM+CLF | (enfático) | N |
| El | un | (enfático) | honesto. |
| = "El é unha persoa honesta." | |||
Se neste caso desaparecese se- (que así acontece en moitas ocasións), orang debe ser considerado como un nome, que neste caso, significaría 'persoa'. Algunhas veces o clasificador orang e o nome orang poden aparecer xuntos, pero hai tendencia a evitar esta construción:
| Seorang orang | Perancis | diculik | di | Kamboja | kemarin. |
|---|---|---|---|---|---|
| NUM+CLF N | N | V | PREP | N | ADV |
| Unha persoa | francesa | secuestrada | en | Camboia | onte. |
| = "Un francés foi secuestrado onte en Camboia." | |||||
- Outros clasificadores son:
batang, bentuk, biji úsanse con distintos tipos de obxectos, bilah é usado con cousas punzantes, kuntum úsase coas flores.
Existen algúns máis como lembar, patah ou putuk referidos a cousas de papel, como fotografías ou cartas.
Con xeneralidade, utilízase un clasificador comodín para todas estas distincións: ese é o clasificador buah. Ademais, este tipo de clasificadores poden omitirse (indícanse por parénteses nos seguintes exemplos):
| Tadi | pagi | saya | menulis | tiga | (pucuk/buah) surat. |
|---|---|---|---|---|---|
| DEM | N | PRON | V | NUM | (CLF) N |
| Esta | mañá | eu | escribín | tres | cartas. |
| = "Esta mañá escribín tres cartas." | |||||
