Esta lingua posúe catro partículas de negación: tidak, jangan, belum e bukan.
Tidak
A partícula de negación máis xeral é tidak (a miúdo acurtada en dak), que sempre vai precedendo a palabra negada. Emprégase para negar tanto verbos coma os predicados non verbais das cláusulas atributivas que estean formados por un adxectivo ou unha frase preposicional:
| Mereka | tidak | menolong | kami |
| Eles | non | axudar | nós |
| S | Neg | V | O |
| ="(Eles) non nos axudaron" |
| Dia | tidak | di | sini |
| Ela | non | prep | aquí |
| S | Neg | Circunst. lugar |
| ="(Ela) non está aquí" |
| Hawa | Bandung | tidak | terlalu | panas |
| Clima | Bandung | non | demasiado | caluroso |
| S | Neg | Atrib |
| ="O clima de Bandung non é demasiado caluroso" |
Bukan
Bukan emprégase para negar substantivos (ou frases nominais) que actúan como predicados das cláusulas atributivas:
| Dia | bukan | guru |
| Ela | non | profesora |
| S | Neg | Atrib |
| ="(Ela) non é profesora" |
Jangan(lah)
Cando a oración é imperativa, a negación debe facerse con jangan(lah):
| Jangalah | baka | buku | itu |
| Non | ler | libro | ese |
| Neg | V | O |
| ="Non leas ese libro" |
Belum
Por último, belum, que se podería traducir por "aínda non", combina as propiedades de bukan/tidak coas do marcador de tempo-aspecto perfectivo sudah:
| Dia | belum | professor |
| El | aínda non | profesor |
| S | Neg | Atrib |
| ="(El) aínda non é profesor" |