Indonesia foi dende sempre un punto estratéxico entre dous continetes e dous océanos, e consolidouse como punto de intercambio comercial e de numerosas invasións e colonizacións. Froito disto foi primeiramente unha colonización Chinesa, e posteriormente holandesa e portuguesa, que deixaron unha manchea de léxico (contabilízase unhas 10.000 palabras aproximademente de orixe neerlandesa). Ademais, moitos termos cultos son préstamos do sánscrito.