Orde de constituíntes na cláusula
A orde básica do indonesio é Suxeito-Verbo-Obxecto (SVO) nas oracións declarativas afirmativas, isto é, na forma non marcada. Tal e como se pode ver no exemplo, o suxeito (kucing) precede ao verbo (makan), que á súa vez é seguido polo obxecto directo (ikan):
| Kucing | makan | ikan |
| gato | comer | peixe |
| S | V | O |
| = "Os gatos comen peixes" |
Con todo, moitos falantes empregan a orde Obxecto-Verbo-Suxeito (OVS) cando utilizan a voz pasiva/obxectiva
Orde de constituíntes na frase
Como adoita ocorrer coas linguas SVO, a orde de constituíntes na frase é núcleo inicial, o que significa que o elemento principal (núcleo) precede ao elemento dependente. Pódese apreciar con claridade nos seguintes exemplos:
| Rumah | besar |
| casa | grande |
| N | ADX |
| = "Casa grande" |
| Rumah | Tomo |
| casa | Tomo |
| N | N |
| = A casa de Tomo |
| Buku | ini |
| book | this |
| N | DEM |
| = Este libro |
| Di | Jakarta |
| en | Jakarta |
| PREP | N |
| = En Jakarta |
Nas frases nominais, os adxectivos, os complementos do nome e máis os demostrativos van pospostos ao nome. Do mesmo xeito, as adposicións sempre adoptan unha posición prenominal na frase, polo que o indonesio só conta con preposicións.