Cuantificadores numerais
Os numerais poden ser definidos ou indefinidos. Os numerais definidos inclúen aos numerais cardinais e ordinais, e aos fraccionais.
Numerais cardinais
Un numeral cardinal precede a un nome contable para indicar o número de cousas referidas a este nome:
| Sepuluh | kota |
|---|---|
| NUM | N |
| Dez | cidades |
Lista de numerais cardinais:
- satu: un
- dua: dous
- tiga: tres
- empat: catro
- lima: cinco
- enam: seis
- tujuh: sete
- delapan: oito
- sembilan: nove
Grupos de numerais:
- puluh: decenas
- belas: teens
- ratus': centenas
- ribu: thousands
- juta: millóns
- milyar: miles de millóns
Grupos de numerais que se combinan cunha das unidades: se-(un), agás con milyar que é obrigatorio usar satu, e juta, que pode empregar ambos os dous:
| sepuluh = | dez / | seribu = | mil |
|---|---|---|---|
| sejuta, satu juta = | un millón / | satu milyar = | one billion |
Un numeral cardinal pode aparecer despois dun nome para indicar a súa posición nunha serie. Os numerais cardinais úsanse só neste caso com cousas que son comunmente distinguidas unhas doutras póla súa posición dentro dunha secuencia. O contraste entre a aparición de cardinais antes e despois do nome que funciona como núcleo móstrase nos exemplos seguintes:
| Tiga | halaman / | Halaman | tiga |
|---|---|---|---|
| NUM | N / | N | NUM |
| = "Tres | páxinas" / | = "Páxina | tres" |
Numerais ordinais
Poden aparecer antes do nome para indicar a inclusión nun grupo ou colectivo. O nome o que se refiren é sempre definido, polo tanto é marcado sempre cun demostrativo, posesivo ou algún outro elemento que o identifica:
| Saya | sudah | membaca | keempat | buku | itu. |
|---|---|---|---|---|---|
| PRON | AUX | V | afixo+NUM | N | DEM |
| Eu | xa | lin | o cuarto | libro | este. |
| = "Eu lin o cuarto libro." | |||||
Cuantificadores indefinidos
Tamén chamados numerais indefinidos, inclúen palabras como banyak ‘moitos’ e semua ‘todo’. Os numerais indefinidos preceden o nome:
| Semua | orang | itu | bekerja | di | kota. |
|---|---|---|---|---|---|
| NUM | N | DEM | N | PREP | N |
| Toda | xente | esta | traballa | en | cidade. |
| = "Toda esta xente traballa na cidade." | |||||
O indicador de plural para é unha clase de indefinido: úsase só con humanos, indicando o plural e referíndose a un grupo particular con características comúns: (cfr. formación do plural).
| Beginilah | terungkapkan | cinta | dan | kesetiaan | terhadap | para | leluhur |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ? | V | N | CONX | AFX+N+AFX | PREP | PL | N |
| Neste sentido | expresar | amor | e | lealtade | a | os | antepasado. |
| = "Neste sentido exprésase amor e lealtade aos antepasados." | |||||||
Numerais indefinidos:
- semua, segala, seluruh, segenap: todo
- seantero: o conxunto (dunha zona)
- sebagian: parte de
- tiap, setiap, tiap-tiap: cada, todo
- banyak: moito
- beberapa: algúns, varios
- sedikit: un pouco a little, few
- bermacam-macam, aneka: varios, todo tipo de
- berbagai, pelbagai: varios
- sejumlah: un número de
- kebanyakan: o máis
- salah satu, salah seorang: un de
- masing-masing: cada
- sembarang: calquera, algún, ningún
Algúns numerais indefinidos (semua, seluruh, setiap, banyak, sedikit) poden ir en negación, acompañados por tidak:
| Tidak | banyak | orang | yang senang | pada | dia. |
|---|---|---|---|---|---|
| NEG | NUM | N | (?)+N | PREP | PRON |
| Non | moita | xente | alegre | como | el. |
| = "Non (hai) moita xente alegre coma el." | |||||
Sembarang difire doutros numerais indefinidos en que na negación vai precedidio de bukan.
Partitivos de medida
Os partitivos indican unha determinada cantidade de algo. Preceden ó núcleo do sintagma, que pode ser tanto un nome contable como incontable. Para indicar o singular en se-'un', este precede ó partitivo. Ás veces existen confusións cos clasificadores. A diferenzaa dos clasificadores, que son sempre opcionais, os partitivos poden eliminarse sen que se produza un cambio de significado. Exemplos:
| Dia | mengisap | dua | batang | rokok. |
|---|---|---|---|---|
| PRON | V | CLF | PART | N |
| El | fumaba | dous | ? | cigarros |
| = "Fumaba dous cigarros." | ||||
| Dia | mengisap | dua | rokok. |
|---|---|---|---|
| PRON | V | CLF | N |
| El | fumaba | dous | cigarros |
| = "Fumaba dous cigarros" | |||
Non obstante, co partitivo bungkus, a frase pode mudar de significado ó ser eliminado este partitivo: "Fumaba dous paquetes de cigarros" (con bungkus).
- Un partitivo pode ser precedido por unha fracción: setengah precede ó partitivo gelas
"vaso de":
| Dia | minio | setengah | gelas | air |
|---|---|---|---|---|
| PRON | V | MOD | PART | N |
| El | bebeu | medio | vaso de | auga |
| = "Bebeu medio vaso de auga." | ||||
- Os partitivos poden indicar o tipo de recipiente contedor de algo:
bakul (cesta) : tiga bakul beras (tres cestas de arroz).
- Os partitivos tamén designan agrupacións naturais e artificiais:
iris (pedazo) : dua iris mangga (dous trozos de mango)
macam (tipo) : semacam senjata (un tipo de arma)
tandan (acio) : setandan pisang (un acio de bananas)
- Os nomes de medidas poden actuar como partitivos (os nomes referidos a tamaño, distancia, volume, velocidade, peso ou temperatura). Van sempre precedidos por un numeral.
meter: metro ton: tonelada kilometer: quilómetro hektar: hectárea liter: litro derajat: graos kodi: puntuación
