Coordinación
Para construír oracións coordinadas en indonesio empréganse conxuncións que serven de nexo entre as cláusulas. Algunhas das conxuncións coordinantes son:
- dan = "e"
- atau = ou
- tetapi, tapi, akan tetapi = "pero, mais"
- serta = "e ademais", "e mesmo"
- dan bahkan = "e", "ademais"
- sedangkan = mentres que
- sambil, seraya = mentres que (só cando as dúas accións son levadas a cabo polo mesmo suxeito)
Por exemplo:
| Dia | bekerja | di | bank | dan | istrinya | menjadi | guru |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| El | traballa | en | banco | e | muller-súa | ser | profesora |
| S | V | Circuns. lugar | CONX | S | V | Atrib | |
| = "El traballa nun banco e a súa muller é profesora" | |||||||
Se o suxeito é o mesmo para as dúas cláusulas, debe ser omitido na segunda:
| Dia | duduk | dan | menangis |
|---|---|---|---|
| El | sentar | e | chorar |
| S | V | CONX | V |
| = "(El) sentou e chorou" | |||
Subordinación
Cláusulas de relativo
As cláusulas de relativo do indonesio fórmanse seguindo dous pasos básicos: omisión do seu suxeito e introdución no seu lugar de yang (equivalente aos nosos "que", "quen", "o/s cal/es"). A cláusula subordinada incorpórase así á frase nominal e toma como suxeito o nome ao que vai modificando. Deste xeito, de dúas cláusulas independentes:
| Orang | itu | duduk | dekat | jendela |
|---|---|---|---|---|
| Persoa | esa | sentar | fiestra | preto |
| S | V | Circuns lugar | ||
| = "Esa persoa está sentada preto da fiestra" | ||||
| Orang | itu | bekerja | dengan | saya |
|---|---|---|---|---|
| Persoa | esa | traballar | con | eu |
| S | V | Circuns compañía | ||
| = "Esa persoa traballa comigo" | ||||
Obtemos unha oración complexa cunha cláusula principal e unha cláusula de relativo en función de modificación do núcleo da frase nominal:
| Orang | yang | duduk | dekat | jendela | itu | bekerja | dengan | saya |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Persoa | que | traballar | fiestra | preto | esa | traballar | con | eu |
| S | REL | V | Circuns lugar | Det1 | V | Circuns compañía | ||
| = "Esa persoa que está sentada preto da fiestra traballa comigo" | ||||||||
1 Este demostrativo vai determinando a orang. Lembremos que o indonesio segue unha orde núcleo dependente, por iso se sitúa o final, incluso por detrás da cláusula de relativo.
Subordinación adverbial
A subordinación adverbial realízase normalmente coa axuda de conxuncións subordinantes (algunhas das cales tamén son preposicións). Tamén hai algún caso en que a subordinación se expresa de xeito sintético con afixos ligados ao verbo subordinado.
Temporais
A cláusula subordinada adoita ir unida á principal por medio a través dalgunha das conxuncións dispoñibles (sebelum "antes de (que)", sesudah/sestelah/sehabis "despois de (que)", sejak "desde que/desde cando", sampai "ata (que)", ketika/waktu/tatkala "cando"):
| Ketika | mereka | tiba | Ali | dan | para | emigran | lain | harus | membuka | hutan |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cando | eles | chegar | Ali | e | os | emigrantes | outros | deber | despexar | bosque |
| CONX | S | V | S | Mod | V | O | ||||
| = "Cando chegaron (eles), Ali e os outros emigrantes tiveron que despexar o bosque" | ||||||||||
Con todo, con determinados verbos relacionados que fan referencia a "chegar a algures", pódese empregar o circunfixo "se- + verbo + -nya" para indicar que a acción da cláusula principal ten lugar inmediatamente despois da acción da cláusula subordinada:
| Se-pulang-nya2 | dari | Jakarta | Ali | jatuh | sakit |
|---|---|---|---|---|---|
| -ir a casa- | desde | Jakarta | Ali | caer | enfermo |
| SUB - V - SUB | Circuns lugar | S | V | Compl Pred | |
| ="En canto chegou a casa desde Jakarta, Ali caeu enfermo" | |||||
2 Os guións que separan o verbo do circunfixo engadímolos nós para que se vexa con maior claridade a composición da palabra, pero en indonesio escribiríase sen eles (sepulangnya).
Condicionais
Algunhas das conxuncións que se empregan para construír oracións condicionais son: kalau Jika/jikalau "se, cando"; (apa)bila/bilamana "cando, cando queira que, se" e asal/asalkan "sempre e cando".
| Bila | ada | kesempatan | singgah | di | rumah | saya |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Se | ter | oportunidade | pasar | por | casa | mi |
| CONX | V | O | V | Circuns lugar | ||
| ="Se tes oportunidade, pasa pola miña casa" | ||||||
Causais
Para as oracións causais, en indonesio poden utilizarse as seguintes conxuncións: (oleh) karena, (oleh) sebab, lantaran, gara-gara (todas co significado de "porque, debido a que").
| Karena | sakit | dia | tidak | masuk | sekolah |
|---|---|---|---|---|---|
| porque | enfermo | el | non | ir | escola |
| CONX | Atrib | S | NEG | V | Circuns lugar |
| ="Non foi á escola porque estaba enfermo" | |||||
Concesivas
As subordinadas adverbais concesivas empréganse os seguintes nexos (todos co significado de "aínda (que), a pesar de (que)": meski(pun), walau(pun), sekalipun, kendati(pun), biarpun e sungguhpun.
| Meskipun | dia | amat | cape | dia | memasak | untuk | suaminya |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Aínda que | ela | moi | cansa | ela | cociñar | para | marido-seu |
| CONX | S | Atrib | S | V | O | ||
| ="Aínda que (ela) estaba moi cansa, (ela) cociñou para o seu marido" | |||||||
Finais
As conxuncións usadas para construír as subordinadas adverbiais de finalidade son: supaya, agar, untuk, guna. Todas elas se poderían traducir por "para (que)", as diferenzas residen en que as dúas primeiras introducen cláusulas con suxeito diferente da principal e as dúas últimas cláusulas que posúen o mesmo suxeito.
| Dia | mencuci | rambutnya | supaya | bersih |
|---|---|---|---|---|
| Ela | lavar | cabelo-seu | para que | limpo |
| S | V | O | CONX | Atrib |
| ="(Ela) lavou o cabelo para que estivese limpo" | ||||
| Saya | harus | pergi | ke | kantor | pos | untuk | membeli | perangko |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Eu | deber | ir | a | oficina | postal | para | mercar | selos |
| S | Mod | V | Circuns lugar | CONX | V | O | ||
| ="(Eu) debo ir á oficina postal para mercar selos" | ||||||||
