Demostrativos
Os demostrativos en indonesio son:
- ini (isto),
- itu (aquilo),
- tersebut (xa mencionado), e
- tadi (recentemente mencionado).
Ini e itu
Ini e itu acompañan ó substantivo principal. Cando non hai distinción entre un e máis de un tradúcense por 'este' e 'aqueles' respectivamente: buku ini este libro kedua buku itu aqueles dous libros. Tamén poden referirse a alguén ou algo anteriormente mencionado mais non agora presente:
| Bagaima | rumah | itu? | |
|---|---|---|---|
| ADV | N | DEM | |
| Cómo | casa | a? | = como é a casa (sobre a que estamos falando)? |
Ou a algo fisicamente presente:
| Duduk | di | kursi | itu |
|---|---|---|---|
| V | PREP | N | DEM |
| Sentar | en | cadeira | aquela |
| = "sentar naquela cadeira." | |||
Ini e itu poden opcionalmente ir precedidos por yang para enfatizar:
| Rumah | besar | itu | rumah | Tomo |
|---|---|---|---|---|
| N | ADX | DEM | N | N |
| casa | grande | aquela | rumah | Tomo |
| = "Aquela casa grande é a casa de Tomo" | ||||
| Saya | tinggal | di | rumah | yang | ini |
|---|---|---|---|---|---|
| PRON | V | PREP | N | (enfático) | DEM |
| eu | vivo | en | casa | esta | |
| = "eu vivo nesta casa" | |||||
''Itu' pode ser utilizado como nominalizador de cláusulas verbais, referindo a todos os casos da acción:
| Lari | itu | sehat |
|---|---|---|
| N | NMLZ | ADX |
| Correr | o | saudable |
| = "Correr é saudable" | ||
- O uso de itu como artigo. En indonesio non sempre é obrigatorio, só cando se refire a algo único (para distinguir se un substantivo é único ou non hai que fixarse no contexto):
| Matahari | (o sol) | |
|---|---|---|
| Bulan | (a lúa) | |
Ó seren substantivos "únicos" van acompañados por itu (posposto).
Para nós o artigo pode referirse a algo non anteriormente mencionado, mentres que itu pode non referirse.
Tersebut
Tersebut pode traducirse en galego como 'anteriormente mencionado':
| Alasan | itu | dikemukakan | oleh | para gurú bahasa | tersebut |
|---|---|---|---|---|---|
| N | ART | V | PREP | N + MOD | DEM |
| Razón | a | foi proposta | polos | profesores de lingua | (anteriormente mencionados) |
| = "A razón foi presentada polos profesores de lingua antes mencionados" | |||||
Tadi
Por último, o demostrativo tadi significa 'recentemente':
| Bagaimana | pendapat | saudara | tentang | orang | tadi |
|---|---|---|---|---|---|
| INT | N | N | PREP | N | DEM |
| Cal | opinión | vostede | sobre | persoa | esa (recentemente) |
| = "Cal é a súa opinión sobre esa persoa (que estaba aquí hai un momento)?" | |||||
