O nome

O nome en indonesio, como no resto das linguas, supón unha clase de palabras. Ó contrario do que pasa nas linguas europeas, o indonesio non ten o xénero gramaticalizado, polo que as distintas clases de palabras teñen que botar man doutros recursos, como recorrer a unha construción frástica cun modificador, por exemplo, adik (o/a irmán/á máis novo/a, que non ten distinción). O xénero ten que ser expresado por un un adxectivo, adik laki-laki significa 'irmán', aínda que literalmente significa 'o home máis novo dos irmáns'). O mesmo acontece para expresar o plural (que, ademais dunha construcion frástica, pode utilizar unha estratexia de reduplicación). Úsase unha reduplicación total como forma regular para formar os plurais: buku (libro), buku-buku (libros). En presenza de numerais non existe duplicación: orang (persoa), seribu orang (mil persoas). O xénero non está gramaticalizado, pero si que existen os clasificadores, que categorizan ó substantivo (ós nomes contables) nunha clase de palabras.

A frase nominal

Como xa se anunciou antes, para a expresión do xénero e do número o nome ten que apoiarse nun modificador, constituíndo unha frase nominal. Poden ir precedidos dun demostrativo, dun clasificador, dun cuantificador, dun honorífico ou de numerais. Algúns clasificadores e partitivos son fundamentalmente nomes e poden aparecer como nucleos de frases nominais. As palabras que funcionan como clasificadores teñen ás veces un diferente significado cando funcionan como núcleo susbtantivo. Polo tanto os clasificadores ekor (agrupando animais), e buah, (agrupando cousas inanimadas), significan “cola” e “froita” respectivamente cando aparecen como nomes : Ekor anjing ini panjang. This dog's tail is long. Buah pohon ini enak. The fruit of this tree is delicious.