Os verbos do indonesio non levan ningún tipo de inflexión de tempo nin aspecto. Observemos, por exemplo, a seguinte cláusula:
| Dia | pergi | ke | kantor |
|---|---|---|---|
| El | ir | a | oficina |
| S | V | Circuns. de lugar | |
| ="El vai á oficina" | |||
Esta construción traducímola aquí ao presente por pura convención, pois non podemos deducir a través da morfoloxía verbal en que tempo e aspecto está a acción indicada polo verbo. En casos coma este esa información deberá ser deducida a partir do contexto comunicativo en que produce o enunciado.
Marcadores temporais
Non sempre se deixa todo o peso da interpretación ao contexto comunicativo. Hai ocasións en que o tempo e o aspecto se poden indícar de xeito analítico por medio de partículas independentes que especifican e sitúan a acción verbal no tempo. A continuación describiremos os principais marcadores temporais do indonesio.
Pernah
Pernah indica que unha acción ocorreu nun pasado afastado e, polo tanto, con aspecto perfectivo:
| Ali | pernah | belajar | di | Madrid |
|---|---|---|---|---|
| Ali | estudar | en | Madrid | |
| S | PAS REMOTO | V | Circuns. lugar | |
| ="Ali estudiou hai tempo en Madrid" | ||||
Sudah e telah
Sudah e telah indican que unha acción xa está finalizada ou que xa se chegou a un estado concreto, isto é, tempo pasado e aspecto perfectivo. A diferenza entre ambas é de rexistro, posto que a segunda só se adoita empregar na escrita e contextos formais:
| Sri | sudah | bangun | |
|---|---|---|---|
| Sri | espertar | ||
| S | PERF | V | |
| ="Sri espertou" | |||
| Sri | sudah | sembuh | |
|---|---|---|---|
| Sri | recuperar | ||
| S | PERF | V | |
| ="Sri recuperouse" | |||
| Mereka | telah | makan | |
|---|---|---|---|
| Eles | comer | ||
| S | PERF | V | |
| ="(Eles) comeron" | |||
Baru
Baru especifica que a acción verbal acaba de ter lugar, tempo pasado e aspecto perfectivo:
| Dia | baru | makan | |
|---|---|---|---|
| El | comer | ||
| S | PAS RECENTE | V | |
| ="(El) acaba de comer" | |||
Sedang
Sedang indica que unha acción está en curso, é dicir, tempo presente e aspecto progresivo:
| Dia | sedang | makan | |
|---|---|---|---|
| El | comer | ||
| S | PROGRES | V | |
| ="(El) está a comer" | |||
Masih
Masih, ao igual que sedang, sinala tempo presente e aspecto progresivo, mais coa particularidade de que este marcador enfatiza o feito de que a acción "aínda" non finalizou:
| Dia | masih | makan | |
|---|---|---|---|
| El | comer | ||
| S | PROGRES | V | |
| ="(El) aínda está a comer" | |||
Akan
Por último, akan é encargada de marcar o tempo verbal futuro. Neste caso, a partícula non engade información aspectual relevante:
| Mereka | akan | makan | |
|---|---|---|---|
| El | comer | ||
| S | FUTURO | V | |
| ="(Eles) comerán" | |||
