Interrogativas específicas
As preguntas específicas son aquelas que non se poden responder cun "si" ou un "non", senón que procuran unha información concreta. Para construír este tipo de preguntas o indonesio bota man dun feixe de partículas interrogativas:
- apa = "que"
- siapa = "who"
- (di/ke/dari) mana = "a/para/desde onde"
- (yang) mana = "cal"
- kapan, bila = "cando"
- apabila, bila(mana) = "cando"
- bagaimana = "como"
- berapa = "cantos"
- keberapa = "que número"
- mengapa, kenapa = "por que"
- untuk apa = "por que", "para que"
No tocante á estrutura sintáctica, cómpre sinalar que non se cambia a orde de palabras. Cando as partículas interrogativas fan a función de obxecto, sitúanse detrás do verbo, exactamente igual ca nas oracións declarativas:
Anda | membaca | apa? |
Ti | leer | que |
S | V | O |
= "Que lees (ti)?" |
Pola contra, cando non hai verbo (cf. cláusulas atributivas), a partícula interrogativa intercambia a súa posición co suxeito:
Siapa | dia |
Quen | el |
Atrib | S |
= "Quen é (el)?" |
Interrogativas de "si" ou "non"
O máis habitual é que este tipo de construcións interrogativas só estean marcadas por unha entoación final ascendente (fronte ao patrón entoativo descendente das declarativas). Non varía a orde de palabras e non é preciso introducir ningunha marca de interrogativa. Nos seguintes exemplos podemos ver como non hai diferenzas de carácter morfosintáctico:
Dia | guru |
El | profesor |
S | Atrib |
= "El é profesor" |
Dia | guru? |
El | profesor? |
S | Atrib |
= "El é profesor?" |
En contextos formais e na escrita tamén se pode colocar diante a partícula apa ou apakah para marcar o enunciado como claramente interrogativo. Non obstante, é preciso sinalar que apa(kah) non ten a mesma función aquí ca nas interrogativas específicas, posto que carece de significado léxico:
Apakah | dia | guru? |
| ela | profesora |
INT | S | Atrib |
= "É ela profesora?" |
Por último, bukan (formal) e ya (informal) empréganse ao final da oración para pedir confirmación ou unha mostra de conformidade por parte do receptor da mensaxe. O seu uso é equivalente á construción galega "non si?":
Saudara | mahasiswa, | bukan? |
Ti | estudante | non si? |
S | Atrib | INT |
= "(Ti) es estudante, non si?" |
Sri | sudah | pulang, | ya? |
Ela | - | ir a casa | non si? |
S | PERF | V | INT |
= "Sri marchou a casa, non si?" |
Interrogativas con -kah
O sufixo -kah emprégase opcionalmente tanto nas interrogativas específicas como nas preguntas de "si" ou "non" para marcar abertamente que se trata dunha interrogativa. Aínda que hai determinadas excepcións, normalmente vai ligado á primeira palabra do enunciado:
Jatuhkah | dia? |
Caer-kah | ela? |
V-INT | S |
= "Caeu (ela)?" |
Siapakah | dia? |
Quen-kah | el |
Atrib-INT | S |
= "Quen é (el)?" |