Estrutura de grupo nominal

As frases nominais teñen tres funcións primarias: suxeito, predicado e complemento da preposición. A súa estrutura segue o modelo [(pre-núcleo) + núcleo + (post-núcleo)] que nas frases nominais en concreto tería como pre-núcleo un determinante e como post-núcleo unha partícula posposta modificador que pode ser un adxectivo, unha partícula localizadora, unha frase preposicinal ou unha cláusula relativa. Algunhas bases léxicas que funcionan como núcleos da frase nominal, os nomes, poden aparecer como núcleos tamén en frases verbais (por exemplo ka kai 'comer' e ngā kai 'comida').

Os nomes