Cardinais

Os numerais do maori do 1 ao 10 son: tahi, rua, toru, whā, rima, ono, whitu, waru, iwa e tekau. A partir destes numerais podemos formar os que van do 11 ao 19, seguindo este patrón tekau mā + 1-9, exemplos: tekau mā toru 'trece', tekau mā whitu 'dezasete'. Para os múltiplos de 10 temos a fómula e + 2-9 + tekau, exemplos: e rua tekau 'vinte', e rima tekau 'cincuenta'. Os numerais do 21 ao 99 seguen o patrón e + 2-9 + tekau mā + 1-9, exemplos: e ono tekau mā toru '63', e waru tekau mā iwa '89'. O 100 dise kotahi rau, 101 kotahi rau mā tahi, 121 kotahi rau e rua tekau mā tahi.

Os numerais, xunto con particulas de tempo e aspecto, forman predicados.
Exemplos:

Ngāwhareerua
DEF.PLcasaNONPAS2
'As dúas casas', lit. 'as casas que son dúas'
EruaØ-ō-kuwhare
NONPAS2PL+de+1SGcasa
'Teño dúas casas', lit. 'as miñas casas son dúas'

Ordinais

Os números ordinais do 1 ao 9 fórmanse ao prefixárenlles tua- aos cardinais. A palabra resultante pode ter a función de modificador nunha frase nominal (te rā tuatahi 'o primeiro día') ou de núcleo dunha frase nominal nunha construción como:

Tetua-tahiongāN
DEF.SGORDI-1deDEF.PLN
'O primeiro N'

Os ordinais a partir do 9 non levan prefixo, úsase o correspondente cardinal na construción anterior.
Exemplo:

Tetekau-mā-ruaongāoHakihea
DEF.SG12deDEF.PLdíadedecembro
'O duodécimo día de decembro', 'o 12 de decembro'

Numerais