Suxeito

O suxeito en finés, ademais de recoñecerse pola orde de palabras SVO, aparece marcado como caso nominativo tanto nas cláusulas transitivas coma nas intransitivas:

Poika potkii pallo-a
rapaz(NOM) golpear balón-PART
"O rapaz golpea un balón"
Lintu lens-i kato-lta
paxaro(NOM) voar-PSD tellado-ABLAT
"O paxaro voou dende o tellado"


Obxecto e transitividade

En finés, o obxecto das cláusulas transitivas ten como marca prototípica o caso de acusativo. Pero este non é o único caso que pode marcar esta función, e en determinados tipos de cláusulas ou construcións o obxecto pode ser marcado polo caso partitivo ou nominativo (o que se denomina como segunda forma do acusativo).

Obxecto en acusativo

O acusativo é o caso prototípico do obxecto, e aparece como marca desta función nas cláusulas transitivas afirmativas que expresan unha acción que afecta completamente a un obxecto delimitado.

- O acusativo márcase nos substantivos co sufixo -n, que coincide co xenitivo.

Minä lu-i-n kirja-n
Eu(nom) ler-PSD-1SG libro-'ACUS'
“Eu lin o/un libro”

-Os pronomes persoais son as únicas palabras en finés que teñen unha forma específica de acusativo diferente dos restantes casos gramaticais e locais. Esta marca específica é o sufixo -t.

Risto ve-i minu-t elokuvi-in
Risto(NOM) levar-PSD.3SG eu-ACUS cine-ILATIVO
“Risto levoume ao cine”

Obxecto en Partitivo

En finés utilízase ademais do caso acusativo o partitivo para expresar o Obxecto en determinados tipos de cláusulas ou de construcións:

- Se a cláusula é negativa utilízase o partitivo como marca de Obxecto.

Lapsi ei lue kirja-a
Neno(NOM) NEG.3SG ler libro-PART
“O neno non le nengún libro”

- Os verbos de emocións ou sentimentos 'rexen' un Obxecto en partitivo.

Minä rakasta-n sinu-a
Eu(NOM) querer-1SG ti-PART
“Quérote”

- Se a cláusula é aspectualmente atélica, é dicir; se a acción da cláusula non foi completada utilízase o partitivo. Comparemos estes dous exemplos:

No primeiro, a acción de ler o libro levada a cabo polo neno non implica necesariamente que rematara o libro no período determinado, polo que o Obxecto se marca nesta cláusula co partitivo.

a. Lapsi luk-i kirja-a illan
neno(NOM) leer-PSD.3SG libro-PART tarde-ACUS
“O neno lía (n)o/un libro pola tarde”

Mentres que no segundo exemplo especifícase que o neno completou a acción de rematar o libro no período determinado, polo que neste caso se utiliza o acusativo.

b. Lapsi luk-i kirja-n illassa
neno(nom) leer-PSD.3SG libro-‘ACUS’ tarde-INES
“O neno leu o/un libro nunha tarde”

Nótese que o uso dun caso ou outro está relacionado coa diferenza verbal do perfectivo e imperfectivo. No finés so existe unha forma verbal de pasado, polo que emprega outras estratexias -neste caso o uso de diferentes casos- para marcar esta oposición.

Construcións 'semi-transitivas'

Existe un tipo de cláusulas coñecidas como semi-transitivas, nas que o obxecto carecerá de morfema -n do acusativo, e aparecerá na forma nominal básica, a do nominativo; e que algúns consideran a segunda forma do acusativo ou forma curta do acusativo.
A aparición desta forma curta do acusativo en vez da forma habitual, débese a casos en que o suxeito non aparece, ou non aparece marcado como é habitual en nominativo (por exemplo, en xenitivo), será o obxecto o que apareza marcado en nominativo. Este tipo de construcións semi-transitivas son:

Lue kirja
Ler(IMPERATIVO) libro(NOM)
“Le un libro!”

b) Pasivas impersonais:

Lue-ttiin kirja
Leer-PSV.PSD libro(NOM)
“O libro leuse ”

c) Construcións de necesidade

Lapse-n täytyy lukea kirja
neno-XEN debe ler libro(nom)
“O neno debe ler o/un libro”
pohjoistuule-n täyty-i myöntää auringo-n paremmuus
norte-vento-XEN deber-PSD recoñecer-INF sol-XEN superioridade(NOM)
O vento norte tivo que recoñecer a superioridade do sol

Atribución, localización, existencia e posesión

Atribución

A atribución constrúese co verbo olla "ser", suxeito en nominativo e un atributo (típicamente un adxectivo).

- O atributo aparece en partitivo cando é un adxectivo e o suxeito é incontable. Se o suxeito é contable o atributo aparece en nominativo.

Maito on valkois-ta
Leite-nom ser branco-part
O leite é branco
Kuppi on kuuma
Cunca.NOM ser quente.NOM
A cunca está quente

Se o suxeito é un infinitivo ou unha oración subordinada, o atributo tamén vai en partitivo.

On paras-ta lähteä
Ser-PRS mellor-PART marchar-INF
É mellor marcharse

Con algúns adxectivo o atributo pode ir en nominativo ou partitivo, a miúdo é mellor o nominativo.

Oli hauska-(a) tutustua
Ser-PSD placer-(part) coñecer-2SG
Foi un placer coñecerte

Localización e existencia

A localización e a existencia (os equivalentes de 'estar' e 'haber') exprésanse tamén co verbo 'ser' e un complemento locativo en vez de adxectivo. O suxeito aparece en nominativo en tódos os usos referenciais do nome, aínda que a cláusula sexa negativa ou o nome estea posposto (e nese caso se interpreta como indefinido).

b. Auto on kadu-lla
coche (NOM) está rúa-ADESIVO
"O coche está na rúa"
a. Auto ei ole kadu-lla
coche-NOM NEG(3SG) estar rúa-ADESIVO
"O coche non está na rúa"
b. Kadu-lla on auto
rúa-ADESIVO está coche(NOM)
"Na rúa hai un coche"

- O suxeito aparece en partitivo se non existe o referente (por exemplo, en cláusulas negativas) ou se se trata dunha cantidade indefinida.

a. Kadu-lla ei ole auto-a
calle-ADESIVO NEG(3SG) estar coche-PART
Na rúa non hai ningún coche
b. Kadu-lla on auto-j-a
rúa-ADESIVO está coche-PL-PART
"Na rúa hai coches"

Posesión

Para expresar posesión utilízase unha construción similar á locativa ou existencial, co posuidor en caso adesivo e o obxeto posuido como suxeito en nominativo

Lapse-lla on kirja
neno-ADESIVO é libro(NOM)
“O neno ten un libro”

Referencias adicionais