Sistema consonántico
Labial | Dental | Alveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
Oclusivas | p | t | d | k | ||
Fricativas | v | s | h | |||
Nasais | m | n | ŋ(k) | |||
Resoantes | l, r | j |
Este cadro representa os fonemas consonánticos nativos do finés, aínda que algúns autores engaden algúns fonemas máis como /b, f, g/ que non son propios do sistema pero que poden aparecer na linguaxe culta, ademais de depender de variacións diatópicas, diastrática ou diafásica. É dicir, realízanse ou non dependendo da procedencia xeográfica ou sociocultural do falante, así como se a situación comunicativa e de maior ou menor grao de formalidade.
É salientable que parecido ó que pasa coas vogais, existen diferenzas fonolóxicas entre consoantes breves e longas, estas últimas marcadas na grafía con consoantes duplas.
Sistema vocálico
O sistema vocálico finés consta de oito fonemas diferenciados polo punto de articulación (anteriores ou posteriores), a abertura (pechado, medio ou aberto) e a labialización na súa realización.
Anteriores | Posteriores | |||
non redondeado | redondeado | non redondeado | redondeado | |
Pechado | i | y | u | |
Medio | e | ö | o | |
Aberto | ä | a |
Ademais, estes oito timbres vocálicos presentan diferenzas fonolóxicas dependendo da cantidade, diferenciando entre breves (grafados de forma simple) ou longos (representado cunha grafía dupla), o que dá lugar a pares mínimos como tuli lume' -' tuuli 'vento'
Harmonía vocálica
No finés, a estrutura da palabra é caracterizada por un notable sistema de harmonización vocálica, onde os sufixos que se unen ás diferentes raíces están condicionados, podendo aparecer so na mesma palabra vogais anteriores / y, ö, ä/ ou posteriores /u, o, a/. No que respecta ás vogais anteriores /i, e/ son transparentes para a harmonización e poden aparecer en palabras con vogais anteriores ou posteriores, pero se unha raíz so contén /i/ ou /e/ os sufixos que se lle unan deben conter vogais anteriores. Exemplos co sufixo adesivo –lla/-llä (‘en):
Anterior: | pää-llä | ‘no ovo’ |
Anterior: | käde-llä | ‘no plástico’ |
Posterior: | muna-lla | ‘na cabeza’ |
Posterior: | muovi-lla | ‘na man’ |
/i, e/: | tie-llä | ‘na estrada’ |
No relacionado coas palabras compostas, estas manteñen a harmonía dentro dos elementos do composto pero non entre eles: yli-opisto ‘universidade’.
Aparte das palabras compostas, esta harmonía pode truncarse en préstamos doutras linguas que conteñen vogais tanto anteriores como posteriores, como por exemplo na palabra olympiakisat.
Etiquetas: fonoloxia