O finés é un tipo de lingua morfoloxicamente aglutinante. Este tipo de linguas caracterízanse por que as súas palabras están formadas por unha serie de morfemas diferentes, cada un dos cales ten unha forma bastante consistente e delimitable, e cumpre unha única función.

Por tanto, no finés as palabras están formadas por unha raíz á que se lle poden engadir diferentes sufixos que cumpren diferentes funcións.

kirjasi ‘o teu libro’

kirja -si
RAÍZ POS 2ªSG
libro teu

hyllytkö 'os estantes?'

hylly t
RAÍZ PL ENCLÍTICO INTERR
estante -s ?

hyllynhän 'do estante (enfático)'

hylly -n -hän
RAÍZ XEN ENCLÍTICO
estante do enfático

Os sufixos que se poden engadir (ademais dos derivativos) ós diferentes radicales das palabras declinables (estas son: os substantivos, adxectivos, numerais e pronomes) son as desinencias de número, caso, posesión e enclíticos, podendo aparecer todos á vez ou non, pero sempre nunha orde fixa:

RAÍZ+ NÚMERO+ CASO+ SUFIXO POSESIVO+ ENCLÍTICO

Como por exemplo:

Pulloissannekin ‘tamén nas vosas botellas’

Pullo -i -ssa -nne -kin
RAÍZ PL INES POS 2ªPL ENCLÍTICO
botella -s dentro vosas tamén

Hai que destacar, que os diferentes morfemas que veñan asociados a unha raíz están determinados polo fenómeno de harmonía vocálica, e que estes poden alterar en parte a forma do radical por mor do fenómeno da lenición consonántica, que afecta sobre todo ás consoantes oclusivas p,t,k, cando se lles engaden determinadas desinencias. Así temos que kaappi 'armario' simplifica a consoante longa cando se lle engade a desinencia do caso inesivo -ssa: kapissa. O mesmo ocorre en:

matto(NOM) 'alfombra'mato-lla(ADES) 'en (sobre) a alfombra'
kukka(NOM) 'flor'kuka-n(XEN) 'da flor'

Categoría: morfoloxia