Coordinación

Para construír oracións coordinadas en indonesio empréganse conxuncións que serven de nexo entre as cláusulas. Algunhas das conxuncións coordinantes son:

  • dan = "e"
  • atau = ou
  • tetapi, tapi, akan tetapi = "pero, mais"
  • serta = "e ademais", "e mesmo"
  • dan bahkan = "e", "ademais"
  • sedangkan = mentres que
  • sambil, seraya = mentres que (só cando as dúas accións son levadas a cabo polo mesmo suxeito)

Por exemplo:

Diabekerjadibankdanistrinyamenjadiguru
Eltraballaenbancoemuller-súaserprofesora
SVCircuns. lugarCONXSVAtrib
= "El traballa nun banco e a súa muller é profesora"

Se o suxeito é o mesmo para as dúas cláusulas, debe ser omitido na segunda:

Diadudukdanmenangis
Elsentarechorar
SVCONXV
= "(El) sentou e chorou"

Subordinación

Cláusulas de relativo

As cláusulas de relativo do indonesio fórmanse seguindo dous pasos básicos: omisión do seu suxeito e introdución no seu lugar de yang (equivalente aos nosos "que", "quen", "o/s cal/es"). A cláusula subordinada incorpórase así á frase nominal e toma como suxeito o nome ao que vai modificando. Deste xeito, de dúas cláusulas independentes:

Orangitududukdekatjendela
Persoaesasentarfiestrapreto
SVCircuns lugar
= "Esa persoa está sentada preto da fiestra"
Orangitubekerjadengansaya
Persoaesatraballarconeu
SVCircuns compañía
= "Esa persoa traballa comigo"

Obtemos unha oración complexa cunha cláusula principal e unha cláusula de relativo en función de modificación do núcleo da frase nominal:

Orangyangdudukdekatjendelaitubekerjadengansaya
Persoaquetraballarfiestrapretoesatraballarconeu
SRELVCircuns lugarDet1VCircuns compañía
= "Esa persoa que está sentada preto da fiestra traballa comigo"

1 Este demostrativo vai determinando a orang. Lembremos que o indonesio segue unha orde núcleo dependente, por iso se sitúa o final, incluso por detrás da cláusula de relativo.

Subordinación adverbial

A subordinación adverbial realízase normalmente coa axuda de conxuncións subordinantes (algunhas das cales tamén son preposicións). Tamén hai algún caso en que a subordinación se expresa de xeito sintético con afixos ligados ao verbo subordinado.

Temporais

A cláusula subordinada adoita ir unida á principal por medio a través dalgunha das conxuncións dispoñibles (sebelum "antes de (que)", sesudah/sestelah/sehabis "despois de (que)", sejak "desde que/desde cando", sampai "ata (que)", ketika/waktu/tatkala "cando"):

KetikamerekatibaAlidanparaemigranlainharusmembukahutan
CandoeleschegarAlieosemigrantesoutrosdeberdespexarbosque
CONXSV  SModVO
= "Cando chegaron (eles), Ali e os outros emigrantes tiveron que despexar o bosque"

Con todo, con determinados verbos relacionados que fan referencia a "chegar a algures", pódese empregar o circunfixo "se- + verbo + -nya" para indicar que a acción da cláusula principal ten lugar inmediatamente despois da acción da cláusula subordinada:

Se-pulang-nya2dariJakartaAlijatuhsakit
-ir a casa-desdeJakartaAlicaerenfermo
SUB - V - SUBCircuns lugarSVCompl Pred
="En canto chegou a casa desde Jakarta, Ali caeu enfermo"

2 Os guións que separan o verbo do circunfixo engadímolos nós para que se vexa con maior claridade a composición da palabra, pero en indonesio escribiríase sen eles (sepulangnya).

Condicionais

Algunhas das conxuncións que se empregan para construír oracións condicionais son: kalau Jika/jikalau "se, cando"; (apa)bila/bilamana "cando, cando queira que, se" e asal/asalkan "sempre e cando".

Bilaadakesempatansinggahdirumahsaya
Seteroportunidadepasarporcasami
CONXVOVCircuns lugar
="Se tes oportunidade, pasa pola miña casa"
Causais

Para as oracións causais, en indonesio poden utilizarse as seguintes conxuncións: (oleh) karena, (oleh) sebab, lantaran, gara-gara (todas co significado de "porque, debido a que").

Karenasakitdiatidakmasuksekolah
porqueenfermoelnonirescola
CONXAtribSNEGVCircuns lugar
="Non foi á escola porque estaba enfermo"
Concesivas

As subordinadas adverbais concesivas empréganse os seguintes nexos (todos co significado de "aínda (que), a pesar de (que)": meski(pun), walau(pun), sekalipun, kendati(pun), biarpun e sungguhpun.

Meskipundiaamatcapediamemasakuntuksuaminya
Aínda queelamoicansaelacociñarparamarido-seu
CONXSAtribSV O
="Aínda que (ela) estaba moi cansa, (ela) cociñou para o seu marido"
Finais

As conxuncións usadas para construír as subordinadas adverbiais de finalidade son: supaya, agar, untuk, guna. Todas elas se poderían traducir por "para (que)", as diferenzas residen en que as dúas primeiras introducen cláusulas con suxeito diferente da principal e as dúas últimas cláusulas que posúen o mesmo suxeito.

Diamencucirambutnyasupayabersih
Elalavarcabelo-seupara quelimpo
SVOCONXAtrib
="(Ela) lavou o cabelo para que estivese limpo"
Sayaharuspergikekantorposuntukmembeliperangko
Eudeberiraoficinapostalparamercarselos
SModV Circuns lugarCONXVO
="(Eu) debo ir á oficina postal para mercar selos"